Preto de 2000 visitantes en San Felipe en Semana Santa

Malía que o bo tempo non acompañou na pasada Semana Santa, as dúas oficinas de turismo do concello asistiron a un total de 776 turistas o 80% procedentes do Estado e o 20%, doutras nacionalidades.

O destino principal foi o Castelo de SanFelipe, xa que a fortaleza rexistrou un total de 1.810 visitas na pasada semana e se consolida como baluarte turístico de Ferrol, non so polo evidente valor histórico e arquitectónico tamén polo marco excepcional da ría.

De aí os esforzos do Goberno local por continuar avanzando na súa posta en valor con varias liñas de investimentos, con fondos propios, achegas doutras Administracións e mesmo da UE, a través do proxecto Espazo Atlántico.

230 peregrinos que iniciaron en Ferrol o Camiño Inglés, un dos máis antigos e demandados , solicitaron información nas oficinas de turismo ,máis estímase que o número de camiñantes é superior.

Este dato é indicativo do tirón turístico que ten esta vía como reclamo para a nosa cidade, que redunda na promoción da contorna xa que son visitantes que pernoctanna cidade, e aproveitan a estadía para visitar os arredores e disfrutar doutras actividades de lecer, hostelería e comerzo.

As principais comunidades autónomas de orixe das xentes que nos visitan nesta época do ano son Madrid, Galicia , Asturias, Castela-León  e Euskadi.

En canto á procedencia do turismo internacional esta semana Santa destaca Alemaña, cun 17’53%, UK co 16’72%, Italia o 12’19%, Portugal cun 15’52%, USA o 7’15% e Irlanda co 6%. 

Como lugares máis visitados ordeados de maior número de visitantes a menos, Castelo de San Felipe (1.810 persoas), Exponav (1501), Museo Naval (1295), Museo Historia Natural ( 514), Torrente Ballester (121),Aula Ecolóxica Urbana (45 ),Aquaciencia (425)e Paseo en barco pola ría (120).

Algúns días e debido ao mal tempo, tiveron que cancelarse os paseos en barco, visitas teatralizadas a San Felipe, do mesmo xeito que os percorridos en taxi polo litoral de Ferrol. Fundamentalmente nas xornadas do Xoves e Venres, por mor das intensas choivas e o forte vento. Moi exitosas, resultaron, malia o tempo, os roteiros guiados e teatralizados polo Ferrol Modernista.

Para estas datas, a Concellería de Turismo fixo un esforzo na edición e reparto por distintas oficinas turísticas de Galicia e Noroeste peninsular de 8.000 folletos en castelán e galego, centrados no Ferrol da Ilustración, na oferta cultural e museística da cidade, no lecer activo e no potencial da comarca como destino de surf e deportes de aventura (BTT, parapente, bautismo de surf en Doniñoskayak pola ría de Ferrol..) sen esquecer a oferta hostaleira e gastronómica.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s