
Esta semana, por terceira vez con sucesivos requerimentos formais, o concello de Ferrol ven de instar ao Ministerio de Fomento, a través do ADIF, a que acometa coa máxima urxencia as actuacións que lle corresponden nun paso da súa propiedade, en cumprimento da legalidade e das súas obrigas, para garantir a seguridade dos peóns na pasarela que comunica os barrios de Santa Mariña e o Ensanche, asi como o arranxo do na reposición do talud que mantén pechada a rúa Cardosas.
O Goberno Local, desde a Concellería de Urbanismo e Infraestruturas e logo de sucesivas comunicacións verbais, ven de arrincar o compromiso da Dirección Xeral de Explotación e Construción do Adif, encabezada por Isabel Pardo de Vera, de urxir o inicio das actuacións longamente demandadas por esta Administración aos responsables ministeriais.
Logo de moitas dilacións, Adif comprometeuse a propor unha solución a finais desta semana, tal e como lles trasladaba onte a concelleira de Urbanismo, María Fernández Lemos aos representantes da entidade veciñal nunha xuntanza celebrada na mañá de hoxe nas dependencias de Urbanismo.
Dende o Concello queren lembrar que o valado da Policía Local na pasarela é unha medida preventoria que non se debe retirar a capricho dos peóns porque a súa finalidade é a de alertar da perigrosidade do paso e evitar danos.
En cumprimento da legalidade, o Concello non pode facer obras en infraestructuras que son competencia doutra Administración, como é neste caso.
Os pasos a dar son os que xa se deron -con todas as ferramentas das que se dispon- e, lamentablemente, e malia que dende o concello se comprende e comparte a impaciencia da veciñanza, cómpre agardar a intervención de Adif para a reposición da pasarela, no que confíamos, cumpran xa co compromiso adquirido esta semana e acometan os traballos demandados na pasarela e no talud como é a súa obriga e responsabilidade
Advertisements