Palestina.A cultura como arma

 

Ferrol en Común quere manifestar todo o seu apoio e solidariedade co pobo palestino e a súa total repulsa contra o ataque indiscriminado do exército sionista contra a poboación civil palestina. Apoiamos as reclamacións da poboación palestina, con xustiza e pacificamente, do seu dereito lexítimo a voltar a súa terra, da que foron expulsadas fai setenta anos. Neste tempo, o pobo palestino está a sufrir unha extrema violencia exercida polo goberno sionista isrelita e a ocupación progresiva do seu territorio.
Desde o pasado 30 de marzo, Día da Terra e do Dereito ao Retorno, as mobilizacións pacíficas da poboación palestina están a ser respostadas por parte do exercito sionista con máis de 40 asasinatos a sangue fría, e centos de feridos.
Desde Ferrol en Común apoiamos a chamada á intevención da comunidade internacional para buscar unha solución a este xenocido e “machaque” continuo que sufre a poboación palestina polo estado israelita.
O estado de Israel intenta lavar a súa faciana, a nivel internacional, coa cultura, utilizando esta coma instrumento de propaganda. Por iso, ante a chamada da poboación palestina solicitada no 2005 de Boicot, Desinvestimentos e Sancións ao estado de Israel (BDS), movemento candidato ao Premio Nóbel da Paz, entendemos que a presión económica é unha loita lexítima e necesaria para que cese o acoso á poboación palestina e se acade unha solución xusta para a rexión.
Ante o coñecemento do boicot cultural comprometemonos a estremar a vixilancia para que na ampla e importante programación cultural que se está a realizar no noso concello, non volvan a aparecer compañías ou artistas israelitas non posicionadas en contra da barbarie exercida polo Estado de Israel.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s