Ferrol esquecida unha vez máis

No reparto de premios e sancións a atraves dos orzamentos que adoita facer o goberno do PP Ferrol volta a ser castigada ,poren o alcalde Jorge Suárez e a parlamentaria Yolanda Díaz presentaron hoxe enmendas a estos inxustos orzamentos.
Os orzamentos do goberno do PP do 2018 afectan a veciñanza de Ferrol en tres vías, polos recortes crónicos no gasto público, por antisociais o que fai case imposible o investimento en benestar ( saude, educación, igualdade…) , destacando neste ponto o caso dos pensionistas que ven subir día a día o custo da vida pero non así unha paga que gañaron co traballo de anos e que é un dereito constitucional.
Nunha terceira vía este orzamento volta a esquecerse da Galiza consolidándose neste exercicio a caída orzamentaria no noso territorio e ,de xeito moi contundente,en Ferrol estando os investimentos destiñados á nosa comarca moi por debaixo das necesidades e sen afrontar as nosas demandas históricas, en especial en materia de infraestructuras.
A principal demanda, a modernización da centenaria liña ferroviaria Ferrol-A Coruña segue a ser a grande esquecida sendo fundamental para a nosa integración no Eixo Atlántico (non se nos escapa que os dous concellos son “ciudades rebeldes”).Só inclúen a partida de 200.000 euros para iniciar os estudos do proxecto para a variante de Betanzos e unha partida de 500.000 euros para a renovación da liña, cando o coste estimado ronda os 5 millóns. Pola contra, destinan 924 millóns para as obras da alta velocidade.
Pero o grande engano dos orzamentos é a falla de execución, das partidas que recollen de investimento na Galiza só se executa o 60% ao longo dos gobernos do PP. Ano tras ano se seguen asignando partidas a obras que nin sequera teñen a día de hoxe o proxecto redactado o que é un fraude en toda regra.
Un dos principais exemplos é a remodelación do talude de As Pías, aínda que para este ano consignase 1 millón de euros e no 2017 outra de 2.250.000 euros, esta actuación aínda non se executou e máis grave, o Ministerio de Fomento segue sen asinar o convenio de colaboración co Concello para a posta en marcha deste proxecto.
.Valorase de xeito positivo que os orzamentos do 2018 conteñan recursos importantes para Navantia mais non é un agasallo veñen a recoñecer o bo facer da factoría e a capacidade industrial que para nos é máis que coñecida e da que nos sentimos orgullosos e , moi importante, non podemos esquecer as constasntes reivindicacións do sector que teñen moito que ver con estas melloras.
Ainda asi o estado ten máis obrigas para con Navantia , de xeito directo aprobando a construcción do necesario dique seco e innovación tecnoloxica pero, ademáis, facer para a construción naval un proxecto estratéxico con carga de traballo continuada e a longo prazo, tal e como se aprobou no Congreso. Unha vez máis papel mollado.
Nos orzamentos de 2017 presentaronse enmendas constantemente rexeitadas de actuacións que o Concello promove e o Goberno lle nega.
Esta mañá,polo tanto, o alcalde Jorge Suárez e a parlamentaria Yolanda Diaz presentaron unha longa lista de enmendas precisas para a cidade, por subliñar as máis prioritarias:
– Conexión ferroviaria Ferrol-Coruña
-By-pass Betanzos
-Mellora Feve
-Estación intermodal
-Soterramento subestación santa Mariña
-Mellora accesos AP-9 O Sino e acceso Norte
-Conexión o Ensanche-Santa Mariña
– As Pías: depresión, limpieza fondos e arranxo da ponte.
– Rehabilitación Recimil
– Saneamento ría
-Rehabilitación Aduanas
-Castelo San Felipe
-Dique da Cabana
-Retirada porto Carboeiro
-Desenvolmento industrial…etc

A comarca en xeral precisa do estado unha maior atención para infraestructuras e comunicación que fagan posible un desenvolvemento comercial e industrial que garanta un futuro favorable que o goberno do PP non semella querer facilitar.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s