Ferrol cidade acolledora e solidaria cós refuxiados

 

Ferrol como ” non podia ser doutro xeito”  fixo hoxe público o seu ofrecemento como cidade acolledora para tecer unha rede de solidariedade entre Administracións e cidades municipalistas para acoller aos refuxiados, situación na que se atopan agora mesmo as persoas que viaxan no buque ‘Aquarius’.

Os concelleiros Saínza Ruiz e Suso Basterrechea,foron os encargados de dar a nova hoxe da disposición da nosa cidade a colaborar na acollida de persoas refuxiadas e  a cooperar co Goberno central.

Ferrol é unha cidade solidaria e especialmente comprensiva coas persoas que teñen que abandoar á súa casa para buscar o pan noutras terras. Somos cidade de mariñeiros e emigrantes e vai na nosa cultura ser acolledores cós de fóra.

Como ben lembra a concelleira “Temos que implicarnos nun problema que é moito mais complexo, e moito maior pero non podemos permitir que un buque cheo de persoas en situacións límite ande vagando por toda Europa sen que os estados membros actúen e mesmo vulnerando o dereito internacional ao asilo”, “nós tamén fuxiamos dunha guerra e non se nos pecharon as fronteiras”.

Referindose ao cambio de goberno estatal “Xa que o Goberno anterior non cumpriu nin mínimamente coa cota asignada, celebramos este cambio de postura, cando menos no xesto de acoller o buque, e dende logo que traballaremos coas outras Administración para organizar a acollida e a integración real na nosa cidade. Procuraremos prestar todos os nosos recursos e medios a este fin”.

“Creo que é o mínimo que hai que facer e, Ferrol, por suposto e como non pode ser doutro xeito, estará a disposición cos recursos e medios propios en colaboración con outras Administracións, para que a integración sexa plena”.

Por suposto os integrantes de Ferrol en Común só podemos celebrar a decisión do goberno municipal aínda queque  nos sorprende por que a solidariedade e benestar social son parte fundamental dos nosos valores e das mareas irmáns que traballan tamén para á xente do común.

Benvidos!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s