ADXUDICADA A OBRA DE RESTAURACIÓN DO DIQUE DE MAREAS DA CABANA E DA SÚA CONTORNA

 

 

A restauración do Dique da Campana era unha das peticións máis vellas da veciñanza de Ferrol e enche de ilusión poder dar boas novas neste sentido, a Mesa de Contratación permanente do Concello de Ferrol  propuxo a Prosema Noroeste como adxudicataria da obra de restauración do dique da Cabana e da súa contorna por un importe de 134.800 euros, sen IVE (28.308 euros).

A adxudicación será aprobada en Xunta de Goberno Local para dar inicio a actuación de xeito inminente. A obra conta cun prazo de execución de 12 meses desde a sinatura da acta de replanteo.

Patrimonialmente é importante por en valor esta estructura ao tratarse do único dique de mareas civil que se coñece en toda Europa, e moi posiblemente do mundo.Importante na nosa historia sempre unida ao mar e á construcción naval.

A recuperación do dique da Cabana vaise executar a través dun proxecto presentado polo Concello de Ferrol,a través da área de Emprego e Promoción Económica, ao abeiro dunha subvención da Consellería de Mar dentro do grupo GALP (Grupo de Acción Local Pesqueira) Golfo Ártabro Norte, na convocatoria 2017 para axudas a proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo, aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do FEMP.

Como sinalaba o alcalde Jorge Suárez é un  proxecto froito da colaboración e cooperación xenerosa entre diferentes administracións públicas, ademais da UDC e da Autoridade Portuaria, para artellar accións que redundan en beneficio do municipio e na recuperación de espazos senlleiros. Este dique único -ou cando menos un dos únicos que se conservan documentados no mundo-, é un inmoble cun altísimo valor patrimonial e histórico, que estivo ligado nas súas orixes a actividade de estaleiro e carpintaría de ribeira.

O dique das mareas da Cabana e a súa contorna ocupan unha superficie de más de cinco mil metros cadrados na zona de A Cabana. Comprende: Dique, peiraos, muros, explanada, e dúas edificacións.

Primeira iniciativa naval civil que se desenvolveu na ría de Ferrol

Un pouco de historia…

O estaleiro da Cabana foi a primeira iniciativa naval civil que se desenvolveu na ría de Ferrol. Xurdiu como consecuencia da apertura dos Correos Marítimos para o comercio cos América colonial (1774) e a instalación dun Consulado Marítimo en Ferrol (1802 1827). O seu fundador foi Juan Antonio Cardemil, en 1810. Anos máis tarde, en 1836, o traspasou a Manuel Ciarán, quen o ampliou construíndo talleres e almacenes. Alí se construíron dúas fragatas, tres corbetas, unha urca, unha goleta e un bergantín, e estaba habilitado para levar a cabo todo o seu mantemento.

Cambiou de mans de novo, aínda que non de actividade, en 1869 (Santiago Moreno y Augusto Vila) en 1883 (J. Pérez Seselle), época na que se utilizou o carenero para máis de cincuenta buques e se instalou unha pequena refinería de petróleo con apoio dos financeiros Barrié‐Pastor e, máis adiante, de aceites minerais coa sociedade Detsch y Cía. Xa no século XX cambiou de uso varias veces, albergando desde una fábrica de xabóns até unha sala de festas, pero ningún deles volveu a ser naval e ol dique non se volveu a utilizar desde entón.

Non se coñecen os construtores nin os planos e deseños desta instalación, pero dada a súa similitude cos diques do Arsenal Militar, o máis probable é que participaran nela enxeñeiros da Armada. Aínda que este dique foi de mareas (é dicir, se enchía e baldeiraba totalmente polo fluxo do mar sen necesidade de achicado) a súa forma e materiais se corresponden case exactamente cos que se construíron no Arsenal Militar.

 

O proxecto polo miúdo…

A recuperación do dique de mareas e da súa contorna pasa pola posta en valor de todo este conxunto, comprendido por:

  • DIQUE: Extracción dos lodos do fondo. Limpeza dos muros de contención e do fondo, tamén de cantería.
  • MUROS DO PEIRAO: Contémplase neste proxecto a reconstrución da parte do muro caído ao norte da boca do dique. Reconstruirase o muro caído recuperando os mampuestos e rillases que permanecen na ribeira.
  • CHAIRA / EXPLANADA: Tallado das árbores existentes, todos eles novos e de pequeno porte. Levantamento dos tocós que afloran actualmente á superficie. Demolición dos restos da soleira de formigón existente na zona sur por medios mecánicos. Recollida, almacenamento e catalogación de todas as pezas de cantería e formigón, e outras pezas de interese, existentes que permanecen soltas sobre o terreo, ou enterradas nel, e outras que se precipitaron á ribeira do mar. Protección e consolidación dos restos de construcións ou elementos primitivos que puidesen aflorar con estes traballos. Demolición de elementos engadidos.
  • MURO DE CONTENCIÓN: Limpeza do muro e extracción de vexetación. Demolición dos elementos engadidos, e reposición de pezas recuperadas.
  1. EDIFICACIÓNS Recóllese neste proxecto a reconstrución de parte do tinglado primitivo que se atopaba encostado ao muro de contención ao oeste do ámbito. Trátase dunha edificación aberta, construída mediante pórticos de estrutura de madeira.

Deixámosvos un pequeno vídeo https://youtu.be/GTwT7n07imE

Moi orgullosos de recuperar para a cidade un lugar emblemático e de grande importancia histórica e patrimonial.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s