Comunicado goberno Ferrol

COMUNICADO DO GOBERNO DE FERROL

Ferrol, 6 de setembro.- Ao respecto das informacións incorrectas aparecidas hoxe na edición galega dun tabloide, con malsana intencionalidade e como exemplo (outro) obvio da política da cloaca, desde o Goberno de Ferrol manifestar o seguinte:

1. Tanto o alcalde, como o resto do Goberno, atenden e respectan escrupulosamente o cumprimento da legalidade, para os que se siguen sempre os trámites oportunos e contemplados pola lexislación.

2. A Alcaldía ten a facultade de alterar a orde do despacho de asuntos e expedientes cando existan razóns xustificadas, potestade recollida no artigo 71.2 da Lei 39/2015.

3, Rotundamente, non existiu en ningún caso e de ningún xeito un trato preferente a ningún membro da equipa de Goberno. Mais ao contratio, si houbo un perxuízo para un veciño e unha familia da nosa cidade.

4. O que sí aconteceu obxectivamente, e así está documentado e rexistrado, foi a dolorosa circunstancia excepcional dun veciño de Ferrol, en fase terminal, que precisaba dun certificado do departamento de Estatística para remitir con axilidade ao xulgado e cumprir coa súa vontade. Un trámite sinxelo nunha situación límite.

Dito documento oficial, foi solicitado ate en tres ocasións na ventanilla do departamento correspondente, tal e como procede, por un amigo íntimo da familia (10, 11 e 13 de xullo) e, reiteradamente, o certificado presentaba erros que o invalidaban para o seu propósito.

Once días e catro certificados erróneos despois, o documento que fora requirido coa máxima premura por razóns de pura humanidade, foi emitido e rectificado por última vez o 20 de xullo, mais non chegou a tempo.

5. Esta ‘nova’ se fundamenta nunha queixa particular emitida por unha funcionaria pública sen ningún tipo de contraste nin comprobación e filtrada interesadamente co único obxecto de prexudicar ao alcalde e a equipa de Goberno con acusacións sen ningún tipo de soporte e con informacións que atañen a unha situación particularmente delicada para unha familia ferrolá.

A familia afectada tamén redactou un escrito de queixa contra a funcionaria responsable.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s