FERROL EN COMÚN CALIFICA DE “ DECEPCIONANTES E CONTINUISTAS NA SUMA CERO” OS ORZAMENTOS PRESENTADOS POLO GOBERNO DE PEDRO SÁNCHEZ

 

A opinión de Jorge Suárez alcalde de Ferrol é clara e adica unhas palabras neste vídeo

De novo Galicia resulta a gran damnificada dos orzamentos xerais do Estado, sendo a rexión do país que máis cae xa que perde tres puntos de investimento xa que paso do 9,2% ao 6,2%  do total nestes novos orzamentos. Das catro provincias galegas a Coruña a máis castigada por este documento só recibe 224 millóns de euros, o quesupón un 16 por cento menos que o ano anterior. As principais cidades da provincia reciben escasos investimentos e unha ausencia total de novos proxectos.

 

Para a nosa comarca os datos non son mellores xa que investimentos prioritarios e demandas histórica seguen a ser desatendidos dende Madrid. Un dos elementos máis rechamanteS é o absoluto abandono da modernización da  liña de ferrocarril tanto no que ten que ver con FEVE que tan só recibe 10,76 millóns de euros, como no caso das demandas histórica de acometer melloras de interés na liña ferroviaria Ferrol – Coruña e que só recibirá 200 000 € de investimento que será o custe que corresponde aos estudos da eliminación do by pass de Betanzos co obxectos de reducir os tempos tempos de viaxe entre Ferrol e Coruña. Ningún tipo de investimento real para o que serían necesarios preto de 100 millóns de euros para acometer medidas urxentes como a electrificación e renovación da devandita liña especialmente no que ten que ver coa  mellora do trazado e da seguridade.

 

O alcalde de Ferrol entende que este “documento presenta un absoluto desprezo pola nosa cidade e Comarca, no que non existen investimentos claves en infraestruturas, medio ambiente, modenización e industrialización entre outros aspectos” amosando de novo “un total desleixo polos veciños e veciñas desta comarca”.

 

 

 

 

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s