Ordenanza que regulará o uso comunal dos Montes de Brión

‘E unha nova excepcional contar, ao fin, cunha ordenanza reguladora dos usos comunais dos montes de Brión, Doniños e San Xurxo’, manifestaba hoxe o rexedor


Ferrol, 26 de marzo.- O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, avanzaba hoxe logo de presidir a Comisión Ordinaria de Economía e Facenda que tiña lugar na mañá deste martes,  que o Goberno local levará este xoves 28 ao pleno ordinario de fin de mes (19:00 horas) a proposta de aprobación inicial da Ordenanza reguladora dos aproveitamentos comunais do Monte de Brión. ‘É, sen dúbida, unha nova excepcional conseguir ter, ao fin, unha ordenanza reguladora dos usos comunais dos montes de Brión, Doniños e San Xurxo’, manifestaba con satisfacción o rexedor. A proposta foi abordada hoxe dentro da comisión ordinaria de Economía e Facenda, Emprego e Recursos Humanos que se desenvolvía na Sala de Comisións do primeiro andar do Pazo Municipal. A proposta obtivo o ditamen favorable de todos os grupos da esquerda e a reserva de voto do PP, que non se pronunciará ate a sesión do xoves. O alcalde manifestaba a súa confianza en que o grupo maioritario da oposición se sume, finalmente, co seu voto a esta proposta de ordenanza reguladora para poder aprobala coa unanimidade de todas as forzas políticas. ‘Agardamos que  o PP se sume a esta proposta para sacar adiante algo que non ten mais que beneficios para a veciñanza. Creo que será a primeira experiencia de monte comunal no país’, salientaba Suárez. 
‘Será unha regulación pioneira en Galicia logo da negativa insistente da dereita a considerar ese monte de mancomún e pechar todas as vías administrativas e xudiciais. Estou certo de que o acordo das forzas de esquerda da nosa cidade permitirá esa solución alternativa para facer dos montes do Chá -Brión, Doniños, SanXurxo- montes comunais, o que lles permitirá as veciñas/os garantir o seu mantemento con flora autóctona do país e cunha explotación ordenada que peche as portas a agresións ambientais que se plantearon no pasado’, resumía o primeiro edil. 
Agardamos que neste pleno fique aprobada esa ordenanza para pechar un capítulo negro na historia do medio rural da nosa cidade. 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s