Luis Miguel Victoria

LUIS VICTORIA

Concelleiro Delegado Titular da Área Servicios, Sanidade, Consumo Mercados e Benestar Animal

De carácter enunciativo:

Atribucións:

Servicios establecidos coa competencia municipal e os que poidan establecerse no futuro, tales como alumeado público, limpeza, cemiterios, praias, parques e xardíns.

Competencias en materia de augas e rede de sumidoiros incluíndose todas as relacións tanto de carácter xurídico como de funcionamento que teña o Concello coa Empresa Mixta de Augas.

Mercados e Consumo.

Competencias en materia de sanidade, salubridade e hixiene, control de alimentos e bebidas; control de potabilidade de augas, piscinas e fontes, servicios fúnebres; laboratorios; habitabilidade de vivendas e, en xeral, todo o relativa á sanidade veterinaria, de alimentos e bebidas.

Benestar Animal.

Remuneración: 34.343,93 EUROS

Derradeira ocupación: Xefe xeral de obra de construción industrial na empresa Coperfil Group. Con anterioridade: delineante na Oficina Técnica do Estaleiro na Empresa Nacional Bazán.

Estudos: Mestrado Industrial de Delineación.

Contactos: lmvictoria@ferrol.es