Ferrol, 26 de marzo de 2021

No día de hoxe enterámonos da venda do Hospital Juan Cardona, un negocio privado que cambia de mans no que nada teriamos que dicir, se non fose por dous factores:

1- O cadro de persoal veu nos últimos meses, en plena pandemia, como, prestando o mesmo servizo que a sanidade pública, as súas retribucións non so eran inferiores, se non que tiveron que mobilizarse e realizar unha folga para evita a súa diminución pola mala xestión do centro.

2.- Son múltiples as derivacións da Sanidade Pública polo concerto co Sergas en pleno desenvolvemento do Plan Director, e a asistencia de calidade debe quedar garantida.

Polo tanto Ferrol en Común esixe, nun asunto relevante para a cidade, total transparencia e comunicación co Sergas e co Concello de Ferrol nesta transacción, a blindaxe e mellora das condicións laborais dos 212 traballadores e traballadoras entre persoal fixo e eventual que prestan un servizo esencial para a veciñanza de Ferrol e que, baixo o noso punto de vista, deberan ter as mesmas condicións económicas que os que atenden o servizo público, a igual traballo, igual salario.