Saltar al contenido
Menú
FERROL EN COMÚN
  • Inicio
  • Grupo Municipal 2023|2027
    • Concelleiros e concelleiras de FeC
    • Mocións
  • Programa electoral 2023|2027
  • Contacta
FERROL EN COMÚN

FeC aposta por unha peonalización planificada 

Publicada el mayo 21, 2023mayo 21, 2023

Ferrol, 21 de maio de 2023

Ferrol precisa dun espazo onde as persoas sexan protagonistas, onde cada barrio teña un espazo, onde a interacción, o diálogo o lecer ou a cultura permítanos crecer como sociedade. A trama urbana ao servizo das persoas.

Para gañar eses espazos é prioritario a dotación de espazos verdes, de rúas peonís, de prazas cheas de vida. Pero todo iso non é posible se non hai determinación política e medidas complentarias en transporte, en mobilidade ou en aparcadoiros.

Ferrol en Común aposta por unha mobilidade sostible, por unha peonalización que comezou o seu camiño no mandato do 2015 nas rúas Real, María e Pardo Baixo, e precisa estenderse a toda a Magdalena, Ferrol Vello e Canido. Facer de Ferrol un modo de vida.

O primeiro paso é revisar e aprobar o documento do Plan de Mobilidade e Espazo Público de Ferrol (PMUS) para acadar un consenso sobre os principais obxectivos e metas nas relacións entre os diferentes modos de transporte e as persoas na nosa cidade. Así mesmo, é preciso a aprobación dunha ORE realista que beneficie a todos os colectivos da cidade.

Logo, debemos incrementar o orzamento para o transporte interurbano en diálogo co resto de concellos e Xunta de Galicia. Estudaremos de xeito mancomunado e participado o mellor servizo, con liñas e horarios eficientes para evitar o uso do vehículo privado. Comunicar barrios como San Xoán ou Ferrol Vello cos centros sanitarios ou fomentar microbuses de acceso ás zonas peonís debe ser a nosa folla de ruta neste campo, ademais de facilitar a chegada do transporte público aos grandes centros de concentración de traballadores (Navantia, CHUF, polígonos industriais).

Un punto importante do programa de mobilidade son os aparcadoiros disuarios, Ferrol en Común proponse construír un en cada barrio de xeito progresivo, localizando o primeiro deles nos terreos de enfronte ao Torrente Ballester. Ademais temos coma meta recuperar e mellorar algúns aparcadoiros coma o do Cantón, Mercado e Inferniño, facéndoos accesibles, dotándoos de recarga de coches eléctricos e indicadores luminosos de prazas libres.

En paralelo con as medidas anteriores levaremos a cabo a peonalización total do barrio da Magdalena, con alternativas de circulación, acceso para residentes, aparcadoiros disuasorios e unha planificación co-decidida entre todas as persoas implicadas.

O cumprimento da ordenanza de terrazas aprobada no mandato FeC, que permita compatibilizar a ocupación de espazo co dereito ao tránsito e a mellora do servizo de bicicletas públicas, dotándoa de novas infraestructuras e bicis eléctricas, implementando a conexión por carrilbici de Caranza – A Malata que permita circunvalar a cidade cunha posterior actuación A Malata – Esteiro a través dos fondos Edusi, son outras das propostas que rexen o noso programa de goberno.

Sen esquecernos da necesidade de levar a cabo campañas de sensibilización coma A rúa é túa ou A vila do Mañá, desenvoltos durante o noso mandato e con gran aceptación entre os participantes, implantando tamén rutas para a infancia coma os Camiños escolares seguros.

Consulta as nosas RRSS

  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram

Últimos artigos

  • Ferrol en Común solicita unha xunta de voceiros con carácter urxente co fin de adoptar unha decisión racional sobre os restos arqueolóxicos atopados na Rúa San Francisco. septiembre 21, 2023
  • Ferrol en Común insta á convocatoria do Consello Escolar Municipal para posicionarse contra os recortes no CEIP San Xoan septiembre 21, 2023
  • FeC realiza achegas ao borrador dos orzamentos municipais agosto 22, 2023
  • Ferrol en Común presenta achegas para mellorar o novo Regulamento de Organización Interna agosto 18, 2023
  • FeC propón coma festivo o martes de entroido agosto 18, 2023
  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram
  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Contacta
©2023 FERROL EN COMÚN | Funciona con SuperbThemes y WordPress