Saltar al contenido
Menú
FERROL EN COMÚN
  • Inicio
  • Candidatura Municipais 2023
  • Programa de goberno 2023|2027
  • Contacta
FERROL EN COMÚN

A Organización

Ferrol en Común é un espazo aberto á participación de todas as persoas que compartan os nosos principios políticos.

Estructuramos a nosa organización en diferentes órganos de decisión e grupos de colaboración.

— Persoas inscritas e simpatizantes —

Calquera persoa que así o desexe pode formar parte de Ferrol en Común. Tan so deberá manifestalo de forma individual asinando o Manifesto Fundacional e o Código Ético.

— Asamblea Xeral —

É o máximo órgano de decisión de Ferrol en Común e está constituída polo conxunto das persoas inscritas en FeC ao corrente das súas obrigas.
A súa convocatoria será trimestral e de forma presencial. Nela trataránse cuestións estratéxicas e renderase contas da xestión política interna e externa de FeC e da súa acción institucional.

— Coordinadora —

A Coordinadora é o órgano encargado de executar o traballo político de Ferrol en Común.
Estará composta por un mínimo de 11 persoas, das cales 10 serán escollidas pola Asemblea de FeC, e cando menos unha persoa que será designada polo Grupo Municipal de entre os seus membros, con dereito a voz e voto. O persoal contratado por FeC con funcións políticas asistirá ás xuntanzas da Coordinadora, con dereito a voz, pero non a voto. Esta órgano renovarase cada 2 anos.

— Grupos de Traballo de FeC —

Son grupos deliberativos e de apoio ao grupo municipal.
A Asemblea Xeral de FeC poderá aprobar a súa creación poidendo ser de carácter temático ou territorial.

— Comisión de Mediación e Garantías —

Estará conformada por cinco persoas escollidas polas Asemblea Xeral, e a súa composición será paritaria. Velará polo cumprimento dos presentes Estatutos e o Código Ético de Ferrol en Común.

Consulta as nosas RRSS

  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram

Últimos artigos

  • Ferrol en Común desenvolverá un urbanismo descentralizado investindo en cada barrio mayo 25, 2023
  • Ferrol en Común é a única garantía de que a cultura volva a brillar na cidade mayo 23, 2023
  • FeC porá en marcha un Plan de Saúde Mental entre as medidas para o benestar social mayo 23, 2023
  • FeC recuperará as políticas feministas e LGTBIQ+ coma parte fundamental do programa de goberno mayo 22, 2023
  • FeC aposta por unha peonalización planificada  mayo 21, 2023
  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram
  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Contacta
©2023 FERROL EN COMÚN | Funciona con SuperbThemes y WordPress