Regulamento de Primarias 2019

REGULAMENTO DE PRIMARIAS FERROL EN COMÚN (FeC)

ARTIGO 1 . OBXECTO DA CONVOCATORIA

O presente documentoten por obxecto regular o proceso de elección, a través de primarias abertas á cidadanía inscrita en FeC, da candidatura de Ferrol en Común (FeC) ás eleccións municipaisde maio de 2019 na cidade de Ferrol.

ARTIGO 2. CALENDARIO ELECTORAL

15 febreiro Peche do censo, 24.00 h
11 a 15 de marzo Presentación de candidaturas
16 de marzo Aprobación de candidaturas e comunicación ás/aos inscritas/os
16 a 20 de marzo Campaña electoral
21 de marzo Xornada de reflexión
22 e 23 de marzo

 

 

Eleccións Primarias, Ateneo Ferrolán, votación en hurna

Venres, 11.00 a 14.00; 17.00 a 21.00 h

Sábado, 9:00 a 11:00 h

23 de marzo 12.30 Proclamación de resultados, comunicacións ás inscritas/os e á cidadanía

13:00h Presentación candidatura FeC

ARTIGO 3. DEREITO A VOTO

3.1 No proceso de primarias de FeC terá dereito a voto toda persoa maior de idade inscrita  antes do 16/02/2019.

3.2 FeC obrigarase a garantir o segredo do voto ao cumprimento da lexislación vixente en materia de protección de datos de carácter persoal.

ARTIGO 4. ASPIRANTES A FORMAR PARTE DA CANDIDATURA DE FeC

4.1 Poderá presentarse calquera persoa que cumpra cos requisitos recollidos nos artigos 177 e 178 da Lei Orgánica 5/1985 do réxime electoral xeral e que ademais cumpra os seguintes:

a. Estar inscrita en FeC, é dicir, asumir o manifesto, código ético e liñas programáticas de FeC.

b. No caso de encabezar a candidatura, estar en posesióndos avais que establece o presente regulamento.

4.2 Criterios de exclusión:

a. Non ter entregado en tempo e forma a documentación esixida ou non ter sido validada pola comisión electoral.

b. Formar parte de candidaturas diferentes ás de FeC que concorran ás eleccións municipais do mes de maio de 2019.

c. Estar imputada/o por delitos relacionados con corrupción, prevaricación, tráfico de influencias, enriquecemento inxusto con recursos públicos ou privados, suborno e malversación e apropiación de fondos públicos, sexa por interese propio ou para favorecer a terceiras persoas.

d. Estar en situación de imputación xudicial por delitos de racismo, xenofobia, violencia de xénero, abuso, agresión, acoso, homofobia ou outros delitos ecolóxicos ou en contra dos dereitos humanos ou os dereitos das persoas traballadoras.

4.3 Presentar o documento asinado conforme cumpre todos os requisitos recollidos neste regulamento de primarias.

4.4 A comisión electoral porá a disposición das inscritas/os en FeC os formularios oficiais correspondentes.

ARTIGO 5. CANDIDATA/O A ENCABEZAR A LISTA DE FeC

5.1 As persoas que aspiren a encabezar a candidatura de FeC ás eleccións municipais de 2019 presentarán a solicitude requirida á caixa de correo de FeC (ferrolencomun@gmail.com).

5.2 Presentarán unha proposta de candidatura formada por 12 persoas que estarán ordenadas aocompleto en cremalleira de xénero.

5.3 Avais:

a. Terán a condición de avalistas as persoas incluídas no censo de FeC con data anterior ao 16 de febreiro de 2019.

b. Cada avalista só poderá avalar a unha persoa para a cabeza de lista e nunca poderá avalarse a si mesma/o.

c. O candidato deberá acompañar a súa solicitude cun mínimo de 20 avais

ARTIGO 6. VOTACIÓNS

Tipo e sistema de votacións e reconto

a. A votación será sobre listas pechadas de 12 inscritas/os, encabezada pola candidata/o.

b. O sistema de votación e reconto será o de maioría simple.

c. Todas as candidaturas terán dereito a ter un interventor/a.

ARTIGO 7. CANDIDATAS/OS DO 13 AO 25 E SUPLENTES

7.1 Os postos 13 ao 25 e suplentes serán completados posteriormenteás primarias e ratificados pola asemblea de FeC.

7.2 Dos anteriores, os postos do 20 a 25 da candidatura de FeC será completada con persoas de consenso que pola súa proxección pública avalen o proxecto político de FeC.

ARTIGO 8. XORNADA ELECTORAL

8.1 Votarase de xeito presencial no espazo habilitado como colexio electoral:Ateneo Ferrolán, rúa Magdalena, 202-204, 15402, Ferrol, A Coruña.

8.2 Celebraranse as votacións nas xornadas do venres, 23 de marzo, e o sábado 24 de marzo, segundo o calendario electoral deste regulamento.

8.3 Na mesa electoral haberá un mínimo de dúas persoas de FeC escollidaspola comisión electoral.

ARTIGO 9. FUNCIÓNS DA COMISIÓN ELECTORAL

A comisión electoral validará a documentación, avais e candidaturas, velará polo proceso electoral e proclamará os resultados.

Advertisements