ONDAS

En Marea ten un proxecto para Galicia: rachar a parálise de sete anos á que o PP lle chama ‘estabilidade. Construír un país máis vivo, democrático e xusto. E sabe como poñelo en práctica. O vindeiro 25 de setembro temos unha oportunidade histórica para gañar o Pazo do Hórreo para o país, para ter un goberno que pense na xente.

Pero non podemos facelo en solitario. En Marea medra desde o común. Só coa túa axuda poderemos facer unha campaña gañadora sen comprometer a nosa independencia.  A nosa forza está nas persoas, non nos favores dos amigos.

Todas podemos colaborar, ser unha onda na marea, darlle forza ao mar que trae o cambio. Unha onda fai pouco. Moitas xuntas poden tirar abaixo os muros que a minoría dos poderosos levantou para nos illar.

Por que facemos unha campaña de doazóns?

Para manter a nosa autonomía na medida do posible. Porque outros teñen sobres en B, pero nós só temos o respaldo da cidadanía. Non imos comprometer a independencia política da nosa candidatura para poder pegar máis carteis ou ter escenarios máis grandes. Da túa axuda depende a nosa forza. E, por iso, cando cheguemos ao goberno, só a cidadanía poderá pedirnos contas.

Como podes colaborar nesta campaña de doazóns?

  • Facendo unha doazón nesta mesma páxina
  • Subscribindo con En Marea un microcrédito que recuperarás integramente cando nos ingresen a subvención correspondente. Máis información.
  • Mediante unha transferencia,  indicando o teu nome e DNI (sen estes datos non poderemos identificarte e teremos que rexeitar a túa achega cumprindo a Lei de Financiamento de Partidos Políticos), na seguinte conta bancaria de Caixa Rural Galega: ES98 3070 0035 2361 7661 3526

Preguntas frecuentes

Quen pode facer unha doazón?

Só persoas físicas. Non aceptamos achegas de asociacións nin de empresas de ningún tipo.

Que cantidade se pode doar?

A partir de 10 euros. Ti decides a cantidade.

Por que pedides o número de DNI e dirección?

A Lei de Financiamento de Partidos Políticos obriga a rexistrar -para evitar doazóns opacas das que non se coñeza o autor- a identificación da persoa que fai o donativo.

Que fago se teño algunha dúbida?

Podes escribirnos para resolver calquera cuestión a: achegas@enmarea.gal

enmarea.gal