Ferrol, 23 de febreiro de 2021 Hoxe en rolda de prensa o voceiro de Ferrol en Común presentou as tres mocións que o grupo municipal levará a un extenso Pleno o vindeiro xoves para o seu debate. As mocións rexistradas son textos moi sinxelos pero con contido de vital importancia para os veciños e veciñas…

FeC celebra a pronta recuperación dos fondos do Ateneo
Ferrol, 19 de febreiro de 2021 Ferrol en Común congratúlase e felicita ao goberno local polo que parece, segundo as nosas informacións, a pronta recuperación dun xeito definitivo dos fondos do Ateneo. Cando Ferrol en Común chegou ao goberno da cidade, encontrouse cunha triple problemática no Ateneo, derivada das obras de ampliación e reforma acometidas…

FeC agradece os apoios para que a súa proposta para o 8M saíra adiante
Ferrol, 18 de febreiro de 2021 Onte tivo lugar o Consello Sectorial de Muller no que se debateu, nun dos seus puntos da orde do día, a proposta para o galardón 8M. Dende Ferrol en Común propuxemos para dita homenaxe ás traballadoras do servizo de axuda no fogar, pois neste ano tan complexo foron un…

FeC apoia ao persoal de ADIF nas súas demandas de mantemento do emprego e a aposta por un servizo de xestión pública
Ferrol, 9 de febreiro de 2021 A nosa comarca non está a pasar un dos seus mellores momentos, iso pode palparse na rúa vendo coma cada día traballadores e traballadoras do naval, de Endesa, de Gamesa, autónomos e autónomas, sector hostaleiro ou colectivo cultural están a reclamar traballo, un traballo que en vez de aumentar…

Ferrol en Común pregunta en Comisión sobre a legalidade de suministrar polo goberno EPI´s aos traballadores/as de Navantia
Ferrol, 9 de febreiro de 2021 A pandemia do Covid atacou duramente a amplos sectores da veciñanza de Ferrol. Moitas persoas que malvivían da economía sumerxida, que tiñan empregos precarios ou que viron como pechaban as súas empresas e foron despedidos quedaron sen recursos para a máis elemental subsistencia. As normas de afastamento social, peches…

FeC presenta dúas mocións para o seu debate no Pleno Ordinario de xaneiro
Ferrol, 26 de xaneiro de 2021 Jorge Suárez, voceiro de Ferrol en Común, ven de presentar en rolda de prensa as dúas mocións que o grupo municipal levará ao Pleno de xaneiro para o seu debate. Unha relativa á situación industrial da comarca, para lograr un posicionamento común de toda a corporación e comezar a…

FeC considera fundamental a vacinación das traballadoras do SAF coma grupo prioritario
Ferrol, 22 de xaneiro de 2021 A situación sanitaria que estamos a vivir coa pandemia da Covid-19 non parece dar tregua e o número de contaxios non deixa de ascender dentro da nosa comarca. Por iso, respectar as medidas interpostas polas autoridades é esencial, xunto coa responsabilidade individual de cada persoa. Por iso, a chegada…

FeC aféalle ao goberno unha actitude de pasividade fronte a terceira ola da pandemia
Ferrol, 21 de xaneiro de 2021 Onte coñecíamos o peche inminente da central térmica de As Pontes, que suma outro duro golpe para a actividade industrial da nosa comarca e con elo, a perda de numerosos postos de traballo o que contribúe a un escurecemento paulatino do noso territorio que parece non ter fin, nin…

Ferrol en Común lamenta o peche de Endesa e chama á acción
Ferrol, 20 de xaneiro de 2020 A noticia coñecida onte sobre o peche definitivo da central térmica de Endesa deixa un escenario do máis escuro para a comarca de Ferrolterra, Eume e Ortegal. A compañía que leva 45 anos en As Pontes, que chegou a dar traballo a máis de 4000 familias e que a…

FeC celebra a aplicación do POS+ na zona rural pero considera insuficientes os fondos asignados a Ferrol
Ferrol, 20 de xaneiro de 2021 A Deputación da Coruña ven de comunicar o reparto dos fondos POS+ deste ano 2021 entre os 93 municipios que conforman a nosa provincia. Divídense entre unha partida de 2,7 millóns para gastos sociais e 9,9 millóns para gastos correntes, obras, investimentos e amortización da débeda, segundo así o…