Unha das grandes e tradicionais demandas de Galicia, pola especial situación xeográfica, foi o desenvolvemento dunhas infraestruras axeitadas para combater o illamento do noso territorio co resto da Península, o cal era e segue a ser un importante atranco para o desenvolvemento económico e social da nosa terra. Non hai dúbida, das dúas velocidades dentro do Estado Español: por un lado o emblemático AVE xoia da coroa e por outro lado o tren digno do século pasado que pode retrasar a viaxe entre 7 ou 12 horas en total para chegar de Ferrol a Madrid ou 13 horas de Coruña a Barcelona. É moi significativo que uns gobernos e outros, deixaron e deixen a Ferrol e a súa comarca, na práctica, fóra do Eixo Atlántico, contentos con acometer medidas de pouca ou ningunha relevancia, que non tiveron unha repercusión importante na mellora do servizo, nas conexións entre cidades ou na reducción da duración das viaxes. A partir do ano 2013 quedou claro que Ferrol e a súa comarca “viaxaría a outra velocidade” e tres anos despois estamos esperando unhas melloras que levan xa 15 anos de retraso. Dende FeC sinalamos que ista situación non amosa máis que o desleixo das distintas administracións públicas e que reduce a mobilidade dos habitantes non só da nosa cidade, senón tamén da toda área metropolitana e comarca. O caso máis rechamante é o percorrido de Ferrol-Coruña, 55 kms de distancia que o ferrocarril “da velocidade periférica” percorre en máis de hora e media. Lóxicamente iso non beneficia a viabilidade do servizo, un dos argumentos empregados dende os distintos gobernos de Madrid, xa non só para xustificar que non chegue o AVE senón tamén para evitar introducir substanciais melloras. Por non falar da nula competitividade dun servizo con horarios esperpénticos, que favorece claramente as empresas privadas do transporte por estrada. Falamos por tanto dunha profecía autocumprida; non se acometen melloras porque o servizo non é viable, e non é viable porque o servizo non ten horarios, nin infraestrutras axeitadas. Pero non é só nas viaxes Ferrol- Coruña, os demáis servizos dende a cidade, xa sexa nas súas conexións co resto da comarca, ou con outros núcleos urbanos de Galicia amosa os mesmos problemas, ou ben é inexistente o servizo, ou os horarios e a calidade do servizo son pouco competitivos ou pésimos. As supostas medidas e propostas de mellora que ano tras ano chegaban dende Fomento, quedaron en promesas que non fixeron máis que reflectir o abandono institucional que unha vez máis sofre a comarca e a nosa cidade. Dende FeC consideramos que é inaceptable que unha das sete cidades máis importantes de Galicia, así como a cabeceira dunha comarca de máis de 158.000 habitantes, non teña un servizo ferroviario competitivo e sostible. Tamén consideramos inaceptable a despreocupación de Xunta e Goberno central por non atacar esta situación. Unha situación que leva a cidade a depender do transporte por estrada, que faverece en moitas ocasións e traxectos a unha situación de monopolio. Tamén consideramos que dende o punto de vista medioambiental é un prexuízo para o desenvolvemento sostible da nosa comarca, xa que todos os estudos sobre transporte coinciden en sinalar ao ferrocarril como o máis sostible e seguro dos medios de transporte. En comparazna coa estrada é o que menos emisións de “efecto invernadeiro” provoca, o que menos espazo ocupa, e o máis seguro. FeC considera vital o desenvolvemento dun servizo competitivo do ferrocarril, que favoreza a un densenvolvemento mais ecolóxico da rede de transporte, que favoreza a mobilidade de pasaxeiros para a mellora da súa calidade de vida , e que contribúa a desenvolver as potencialidades da cidade e da súa áre