Ferrol, 6 de novembro de 2019

Na rolda de prensa desta mañá, Ferrol en Común quixo facer un chamamento ao goberno local “xa que o vemos un pouco afastado da realidade” comentou Jorge Suárez. Despois das declaracións que fixo o alcalde sobre o pasado Pleno Ordinario gustaríanos aclara que “o que aconteceu no Pleno non foi un revolcón, chámase democracia”, apostillou Suárez.

Dende FeC sabemos o que é gobernar en minoría, levar un exceso de competencias os concelleiros e concelleiras, que o urxente cómase ao importante e que os grandes proxectos queden aparcados por apagar lumes administrativos, precisamente por iso, quixemos darlle respaldo ao goberno, a un goberno supostamente de esquerdas, e pensamos que non nos equivocamos, pero realmente estanos a sorprender pola súa actitude antidemocrática onde non se está respectando o acordado na sesión de investidura.

As Comisións Informativas, chámanse así por algo, porque serven para informar aos grupos da oposición do que o goberno está levando a cabo, pero neste caso, non funcionan como deberían, non só porque apenas convócanse “soamente levamos 3 comisións de facenda no que vai de mandato” recordaba Jorge Suárez, se non porque nin se queira dáse resposta ás cuestións formuladas polos grupos municipais e tampouco se levan proxectos para o seu debate “estamos a piques de rematar o ano e aínda non sabemos os proxectos que vanse a incluír nos investimentos financieiramente sostibles de este ano” dicía Suárez.

Non podemos olvidar que os investimentos financieiramente sostibles de este ano 2019 teñen que ser aprobados en Xunta de Goberno Local antes de que remate o ano porque se non se perderían máis de 3 millóns de euros.

No mandato anterior de Ferrol en Común, conseguíronse 17 millóns de fondos europeos e agora é o momento de decidir en que gastalos. “No noso mandato levábamos a comisión unha listaxe con 15 ou 20 proxectos e os grupos escollían, opinaban ou matizaban o que crían oportuno” explicaba Suárez. Nós sabemos que o resto dos grupos municipais representan a unha parte da cidade que non podemos esquecer e por iso pensamos que é bo a apertura aos grupos das decisións importantes para Ferrol, se non, a única perxudicada será a cidadanía e este goberno estará cada vez máis afastado da cidade.

“Xa é hora de que o alcalde abra as portas do búnker e asome a cabeza. Inventan unha realidade para vender aos medios de comunicación pero os orzamentos seguen sen presentarse, os investimentos sen negociarse, a oferta de emprego público sin noticias…” dicía Jorge Suárez.

A falta de comunicación acabará pasando factura como sucedeu no Pleno Ordinario, onde o goberno levouse a sorpresa por non ter falado antes cos grupos municipais. As Xuntas de Voceiros están para consensuar co resto de grupos municipais as decisións que se van tomar no pleno, pero o Alcalde non é moi partidario de convocar estas xuntanzas, pechando, unha vez, a participación.

Non queremos deixar pasar a ocasión sen reclamar de novo a falta de respecto a nivel comunicativo, xa que non envían as notas de prensa como víñase facendo non só no mandato anterior se non tamén nas pasadas lexislaturas.

Doutra banda, estamos moi contentos de que a Ministra Margarita Robles visite a nosa cidade, pero iso non vai acompañado de ningunha acción que se prometeu nos debates de campaña como a inmediata construción dun AOR, “parece que agora que se está no poder a culpa é de outros que non permiten facer investimentos” remarcaba Jorge Suárez, “estamos en campaña e esa refrega é licita pero a partir da semana que ven esperamos que as promesas convértanse en realidade, como a construción do Estaleiro 4.0” recordaba Suárez.

Estes cinco meses están sendo confusos para a esquerda ferrolá porque estamos a ver un mandato do PSOE onde mírase máis cara aos postulados da dereita, “mesmo parece que queren recuperar a proposta de que o investimento do saneamento do rural fágase con fondos propios a través da recadación da taxa en vez de facelo como se dixo en campaña electoral con fondos autonómicos” lembraba Jorge Suárez. Este tipo de decisións unilaterais e contrarias ao anunciado en campaña parece ser a dinámica que está tomando o actual alcalde.

Dende Ferrol en Común pensamos que sempre se está a tempo de rectificar e “nós temos a porta aberta ao dialogo e ao entendemento”, dicía o edil de FeC, “trátase de programas e ideoloxías, non é o memos gobernar dende a dereita que dende a esquerda” remarcaba Suárez.