Ferrol, 16 de xaneiro de 2020

O entroido é unha celebración cunha larga tradición popular que grazas ao traballo da anterior corporación de Ferrol en Común rexurdiu na nosa cidade pasando de unha comparsa ate sumar 7 só de Ferrol, máis as que proceden doutras localidades da contorna, sumando un total de 15 comparsas e 3 grupos no último ano.

Dende que Suso Basterrechea fíxose responsable da concellería de festas, levou a cabo numerosas xuntanzas coas comparsas de Ferrol para darlles voz na organización do evento, xa que elas son as verdadeiras protagonistas deste festexo.

A día de hoxe, o goberno actual do PSOE non mantivo nin unha reunión cos grupos de entroido para a elaboración das bases e organización das festas. Entendemos que esta actitude non pode ser consentida pois xera un gran desconcerto entre as comparsas e é unha falta de respecto ao seu traballo desinteresado que cada ano amosaban cheando de alegría e cor as rúas da nosa cidade.

O esforzo pola recuperación dunha tradición popular como esta que da vida aos barrios, aos negocios e á cidade en xeral e que cada vez contaba con máis apoio, non pode non contar coa participación das comparsas do noso municipio.

Lamentamos profundamente o proceder do goberno de Ángel Mato, que non é capaz de recoñecer un bo traballo e continualo en prol da cidadanía a cal botábase as rúas nas datas do entroido. Unha vez máis, non están abertos á participación pero aínda así pedímoslle á actual corporación que convoque ás comparsas a unha xuntanza para traballar en grupo como víñase facendo ata agora e con grandes resultados.