Saltar al contenido
Menú
FERROL EN COMÚN
  • Inicio
  • Quen somos
    • A Organización
    • Grupo Municipal
      • Jorge Suárez Fernández
      • Xiana López Penedo
      • Suso Basterrechea López
  • Actividade Municipal
    • Mocións
    • Acordo gobernabilidade FeC-PSOE
  • Programa Electoral
    • Un Ferrol para vivir
    • Un Ferrol para os coidados
    • Un Ferrol para ser
    • Un Ferrol que mola
    • Un Ferrol para o mañá
    • Un Ferrol para todas
  • Transparencia
    • Manifesto
    • Estatutos
    • Código Ético
    • Carta Financieira
  • Contacto
FERROL EN COMÚN

Ferrol en Común pregunta en Comisión sobre a legalidade de suministrar polo goberno EPI´s aos traballadores/as de Navantia

Publicada el febrero 9, 2021febrero 9, 2021

Ferrol, 9 de febreiro de 2021

A pandemia do Covid atacou duramente a amplos sectores da veciñanza de Ferrol. Moitas persoas que malvivían da economía sumerxida, que tiñan empregos precarios ou que viron como pechaban as súas empresas e foron despedidos quedaron sen recursos para a máis elemental subsistencia. As normas de afastamento social, peches de servizos non esenciais e usos de máscaras supoñen un sobreesforzo importante para a poboación, non só físico, se non tamén económico.

O prezo dunha máscara de uso recomendado de 4 horas ronda os 60 céntimos. Unha FFP2 nunha farmacia 1€. Son uns 30 € ao mes que para moitas familias con ingresos vinculados ao RISGA, Rai ou outros subsidios non pasan de cincocentos euros, unha parte importante dos seus ingresos.

Na páxina de Contratos menores do Concello de Ferrol sae publicado o día 5 de febreiro o seguinte contrato:

ADQUISICION DE 2000 MASCARILLAS COMO APOIO DO CONCELLO DE FERROL AO PLANTEL DE NAVANTIA ANTE A CRÍTICA SITUACIÓN DO ESTALEIRO.
Contrato menor Alcaldía7240 €

Dende Ferrol en Común consideramos inaceptable que a administración local, que debe atender ás necesidades máis próximas da veciñanza subministre os EPIs que calquera empresa, en cumprimento da Lei de Prevención de Riscos Laborais, debe cumprir como obriga, e máis unha empresa que está a desprezar a nosa comarca cun baleiro de carga de traballo que está a xerar un desemprego en forma de sangría de postos de traballo na industria auxiliar, cunha situación de perda demográfica e índice de risco de exclusión inasumibles para quen pretende gobernar con equidade e xustiza social.

Ferrol en Común tamén exixe unha explicación sobre o prezo unitario de cada máscara e en relación co prezo de mercado, a súa causa, como pretende facerse ese reparto e se van antepor intereses publicitarios e electoralistas a cuestións tan delicadas como o emprego, a saúde, a seguridade e o benestar.

FeC vén de demandar na Comisión de Facenda do día de hoxe unha explicación ao respecto, un informe da intervención municipal sobre a legalidade deste contrato e a súa revogación ou redirección aos sectores máis vulnerables e necesitados, remitíndonos o goberno a recopilación necesaria da información para atender á nosa solicitude.


Consulta as nosas RRSS

  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram

Últimos artigos

  • FeC presenta dúas mocións centradas na zona rural e unha terceira relativa á mocidade febrero 24, 2021
  • FeC celebra a pronta recuperación dos fondos do Ateneo febrero 20, 2021
  • FeC agradece os apoios para que a súa proposta para o 8M saíra adiante febrero 18, 2021
  • FeC apoia ao persoal de ADIF nas súas demandas de mantemento do emprego e a aposta por un servizo de xestión pública febrero 9, 2021
  • Ferrol en Común pregunta en Comisión sobre a legalidade de suministrar polo goberno EPI´s aos traballadores/as de Navantia febrero 9, 2021
  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram
  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Contacta
©2021 FERROL EN COMÚN | Funciona con SuperbThemes y WordPress
Esta páxina utiliza cookies e outras tecnoloxías para asegurar que damos a mellor experiencia na nosa web. AceptarRexeitarMais información