Ferrol, 20 de abril de 2021

Dende Ferrol en Común queremos manifestar o noso respaldo á plataforma SOS Sanidade Pública de cara ás mobilizacións que terán lugar en todas as cidades galegas o 21 de abril, en concreto, en Ferrol, ás 20.00h na Praza de España.

Ferrol en Común é un claro defensor dos servizos públicos e non pode ficar calado ante a imaxe que o Señor Feijoo quere dar dun presidente da Xunta exemplar e bo xestor sanitario, cando Galicia é vangarda de privatizacións dun dereito básico, universal e inquebrantable coma é a sanidade.

A falla de diálogo cos concellos, sindicatos e movementos sociais, fan que as políticas que dita a Xunta de Galicia non solucionen os problemas reais da cidadanía e sexan erráticas, baseadas en medidas coercitivas en vez de proactivas.

A precariedade laboral na Sanidade Pública Galega chega a nivel insoportables para os profesionais que traballan nela, alta temporalidade, recortes de persoas, longas listas de agarda, recortes na atención primaria e un longo sin fin de recursos sanitarios moi necesarios para unha boa atención á cidadanía pero que non supoñen unha prioridade nas políticas de Feijoo.

O PP de Galicia segue respaldando a empresas asistencialistas amigas que obteñen enormes beneficios das deficiencias dun sistema de sanidade precario, onde falla persoal, inversión e unha clara aposta pola atención primaria. Por non falar da nefasta xestión das residencias de maiores no noso país.

Por todo isto, Ferrol en Común apoia e anima a todas as persoas a acudir á convocatoria da plataforma SOS Sanidade Pública, pois un ben e un dereito básico e irrenunciable coma é a sanidade pública ten que ser mellorado e de calidade, e non recortado en busca da rentabilidade tanto política coma económica.