Saltar al contenido
Menú
FERROL EN COMÚN
  • Inicio
  • Quen somos
    • A Organización
    • Grupo Municipal
      • Jorge Suárez Fernández
      • Suso Basterrechea López
      • Saínza Ruíz Ferreño
  • Actividade Municipal
    • Mocións
    • Acordo gobernabilidade FeC-PSOE
    • Acordo orzamentos 2021 FeC-PSOE
  • Programa Electoral
    • Un Ferrol para vivir
    • Un Ferrol para os coidados
    • Un Ferrol para ser
    • Un Ferrol que mola
    • Un Ferrol para o mañá
    • Un Ferrol para todas
  • Transparencia
    • Manifesto
    • Estatutos
    • Código Ético
    • Carta Financieira
  • Contacto
FERROL EN COMÚN

FeC chama á mobilización convocada por SOS Sanidade Pública

Publicada el noviembre 10, 2021noviembre 10, 2021

Ferrol, 10 de novembro de 2021

Antes de que a Covid-19 chegara as nosas vidas a Atención Primaria xa atravesaba unha grave crise estrutural, provocada fundamentalmente pola falta de persoal debido á non adecuación dos cadros de persoal, non renovación das xubilacións e non cobertura de vacacións e baixas, o que causou grandes demoras na atención sanitaria e masificación na asistencia, cuestións que a pandemia veu a intensificar convertendo a atención primaria nun servizo sanitario aínda máis deficiente.

Priorizouse a atención telefónica, o aforo nos centros sanitarios reduciuse dando lugar a longas colas de cidadáns nas rúas, suspendéronse a realización de probas e controis de saúde periódicos coas consecuencias que supón para pacientes crónicos e as listas de agarda incrementáronse aínda máis. Hoxe, para unha simple consulta telefónica, temos agardas de 10-12 días e que pode chegar a 1 mes para consulta presencial, o que non é comprendido pola cidadanía e orixina nela un sentimento de abandono e desprotección por parte do Sistema Sanitario Público e un incremento das urxencias hospitalarias.

A atención primaria baséase principalmente no contacto médico-paciente polo que a atención telemática ou telefónica corta de raíz o obxectivo principal deste servizo sanitario e ademais supón unha enorme limitación da accesibilidade e calidade do noso modelo sanitario, que vai deteriorándose con cada decisión do Sr. Feijoo.

Así mesmo, o aumento das barreiras de acceso á Atención Primaria dan lugar a unha maior privatización, onde as persoas con poder adquisitivo atopan mellores coidados nos seguros privados e as persoas con menos recursos quedan desprotexidas, aumentando deste xeito a desigualdade social.

A negación da atención presencial vai en contra do propio sistema sanitario e da saúde da veciñanza, pois estase a restrinxir un servizo que serve para a prevención e a detección temperá de doenzas que lamentablemente poderían converse en graves se non se tratan a tempo. Polo que os modelos de Atención primaria que a Xunta de Galicia quere impoñer non son acordes co coidado da saúde da cidadanía e por iso é tan importante que este 14 de novembro acudamos á manifestación convocada pola plataforma SOS Sanidade Pública en Santiago de Compostela e exixámoslle ao Sr. Feijoo maior investimento sanitario, acabar coas listas de agarda, abrir os centros de saúde pechados no rural, prioridade das consultas presenciais, incremento do persoal sanitario e mellora das súas condicións laborais.

Dende FeC, apoiamos a convocatoria realizada pola Plataforma SOS Sanidade Pública e facemos un chamamento a toda a cidadanía a acudir a mesma, recordando ademais da dispoñibilidade de dous autocares para asistir á mesma:

– Saída das Pontes (estación de autobuses), parada na Capela (casa do Concello) e Pontedeume (parada de bus). Para anotarse: 667129325.

– Saída de Narón (casa do Concello), parada en Ferrol (Portanova altura Monumento 10 de Marzo), Caranza (As Pías), Fene (Gadis) e Vilar do Colo (estación de servizo). Para anotarse: 604068642.

Consulta as nosas RRSS

  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram

Últimos artigos

  • FeC lamenta a actitude do goberno local fronte o contrato de parques e xardíns julio 19, 2022
  • Tres anos de goberno, unha decepción junio 15, 2022
  • FeC critica a supresión dos aparcadoiros sen alternativas viables junio 14, 2022
  • FeC reclama solucións para a biblioteca municipal junio 8, 2022
  • FeC mantén unha xuntanza coa Avv de Caranza junio 7, 2022
  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram
  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Contacta
©2022 FERROL EN COMÚN | Funciona con SuperbThemes y WordPress