Ferrol, 23 de marzo de 2023

Ferrol en Común segue reuníndose con gran parte do tecido asociativo da cidade. Esta vez, estivemos a escoitar ao grupo de Diversidad Funcional para analizar as barreiras que aínda están pendentes de eliminar por parte do Concello e os futuros proxectos que fai falta desenvolver para que a nosa cidade sexa verdaderamente inclusiva e accesible.

Durante o noso mandato, o compromiso de Ferrol en Común foi total, traballando en colaboración con varias entidades sociais desenvolvimos 5 fases de pasos de peóns e case 1000 actuacións en prol da accesibilidade. Sen embargo, durante estes 4 anos de goberno de Angel Mato, este avance quedou absolutamente bloqueado, nin por iniciativa propia, nin a petición das asociacións, nin despois de ter asinado un acordo de orzamentos onde se contemplaban varias actuacións neste eido, foron quen de traballar en prol da accesibilidade.

Dende FeC consideramos fundamental avanzar nun modelo de cidade onde a veciñanza viva en igualdade de condicións e sen barreiras que lles impidan desenvolver a súa vida cotiá con dignidade.

Neste eido quedan moitos retos pendentes coma a aprobación da Ordenanza de Accesibilidade, a adaptación das prazas para persoas con discapacidade coas medidas correspondentes, as fases de peóns que están pendentes, o ascensor do aparcadoiro do Cantón ou o proxecto de accesibilidade para os centros educativos e deportivos. Todo isto, forma parte dun traballo que o goberno local deixou sen facer e que dende Ferrol en Común comprometémonos a retomar durante o seguinte mandato.