Esta semana que xa pasou o centro do debate político situouse na tala de tres árbores na Praza de Armas.

A Praza de Armas, esa praza pola que se pagaron dous millóns de euros de indemnización aos seus concesionarios para o peche dos negocios ante a súa inminente reforma. Sabedes cando? No año 2008!! Concesionarios que, por suposto, seguiron explotando o parking, malia todo, ata que este goberno paralizou a súa actividade.

A Praza de Armas, esa praza a que lle foi declarada a fin da súa vida útil no año 2015, segundo un informe dun doctor en arquitectura, que declaraba a perigosidade de celebrar concentracións na súa superficie. Sabedes cando? Antes do Santo Ecuentro que congregou a miles de persoas na praza!! Autorizado polo goberno do PP a sabiendas de que ese informe existía. Esa concentración de persoas dende 2016 ten lugar en Amboage con este goberno.

A Praza de Armas, que precisaba una remodelación e que este goberno emprendeu nun procedemento exemplar, cun concurso histórico e prestixioso de anteproxectos, cun xurado plural e multidisciplinar, aberto e innovador, que algún día será valorado debidamente e exemplo a seguir. Sabedes canto se investiu na Praza de España? 21 millóns de euros. E canto se vai investir en Armas que moitos comparan? 1.800.000 dos que o 80% financia, non os nosos impostos, se non a UE a través dos 10 millóns de fondos EDUSI acadados por este goberno tan «nefasto».

A Praza de Armas, que outros pretenden convertir nunha praza con palmeiras caribeñas e un aparcadoiro ilegal xa que incumple o PXOM. Sabedes que paralizar o proxecto actual suporía indemnizar co custo total da obra mínimo ao adxudicatario por non facer nada? E que o uso medio dos aparcadoiros do Cantón e Praza de España apenas supera o 5%? Claro que é mellor turrar na parede e propor medidas antieconómicas e contra a modernidade social. Cando todas as cidades peonalizan nos queremos agredir o medio ambiente con máis co2 e espazos para os coches.

Un debate interesante, profundo e da cidade que queremos. Pero é máis fácil a demagoxia dos asesinos de arboriños. Por certo, os técnicos do concello certificaron que non se podían transplantar xa que estaban podres, eran irrecuperables polo constante batería dos coches, que paradóxico. De todas formas gardarémoslle un a Rey Varela para que o leve a casa por Navidad, alá onde estea, posiblemente na Xunta baixo o brazo protector de papá Feijoo.

Jorge Suárez.