É completamente de balde e vai dirixido a veciños/as de Ferrol que teñen ao cargo a persoas dependentes para que teñan ferramentas e recursos 12 sesións do 8 de abril a maio os luns e mércores na Casa Solidaria de 16 a 18:00 horas. As inscricións por orde de rexistro no Concello ate o 1 de abril.

Ferrol, 27 de marzo.- Aquí vos achegamos a ligazón a nosa web, no taboleiro de anuncios, no que xa está a disposición das persoas interesadas o formulario para anotarse a este obradoiro promovido desde a Área de Benestar Social. 
O prazo para solicitar a inscrición está aberto ate o 1 de abril, e o criterio de admisión será por orde de entrada no rexistro. 
  https://www.ferrol.gal/arquivos/documentos/coidadores-dependencia/incricion.pdf  
Prazo de Inscripción:  ate o 1 de abril. 

¿A quen vai dirixido? 
A persoas maiores de idade, empadroadas no Concello que estean a coidar, de xeito non oficial nin profesional, a persoas que se atopan en situación de dependencia. 
O obxectivo é dotalos das ferramentas e dos recursos precisos para este complexo e esixente traballo e que poidan, tamén, ao tempo, contrarrestar o que se coñece como síndrome das persoas coidadoras. 
¿Cando? Desde o 8 de abril, De luns a mércores, de abril a maio, en 12 sesión de 16:00 a 18:00 horas. Impartirase na Casa Solidaria do Concello de Ferrol, na rúa Velázquez.