Publicado o26 Marzo, 2019porferrolencomun

‘Lugar de Todas’ retorna ao espirito orixinal da praza como espazo público accesible, aberto e mais verde Unha reforma absolutamente necesaria dun espazo que chegara ao final da súa vida útil e que transformará o corazón do barrio da Magdalena no gran salón de Ferrol


ASINADO O CONTRATO PARA INICIAR A OBRA DE REMODELACIÓN DA PRAZA DE ARMAS

Ferro, 15 de marzo.-   Hoxe procedeuse a sinatura do contrato da reforma da praza de Armas adxudicada a UTE Prosema-Civis Global, con sede social en Ferrol e Vigo, respectivamente.  Como sabedes, esta obra xa fora  aduxicada en Xunta Local de Goberno o 26 de febreiro do 2019 a unha unión temporal de empresas netamente galegas. No día de onte, en dentro do prazo previsto -que expiraa o día 20 de marzo- formalizaronse os trámites preceptivos de constitución da UTE Prosema-Civis Global, con sede social en Ferrol e Vigo respectivamente, coa  presentación da documentación pertinente por Rexistro. Logo das verificacións oportunas, por parte da Secretaría Xeral, este venres 15 procedeuse a sinatura do contrato polo importe de adxudicación: 1.347.940,00 euros (co IVE incluido) e unha garantía ampliada de once anos.  Como sempre vos facemos notar, trátase dunha Operación cofinanciable polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER) no marco do Programa Operativo FEDER Plurirregional de España 2014-2020 dentro da  Estratexia de Desarrollo Urbano Sostible e Integrado (EDUSI) “Ría de Ferrol, Cidade 2020”Ao termo da sinatura, toda vez que quedou formalizada a contratación, xa tiña lugar no quinto andar de Urbanismo unha primeira (i extensa) xuntanza de traballo, de corte técnico, coa concelleira María Fernández Lemos, para planificar o calendario da intervención que comezará cos traballos de desmontaxe e demolición, para o que se ultiman os plans de saúde e seguridade e de tratamento e recollida de residuos. Cómpre sinalar que, tal e como xa indicaran o alcalde e a concelleira, esto non interfire de ningún xeito nas procesións de Semana Santa 2019, unha cuestión que xa foi abordada en comunicación permanente e fluida coa Coordinadora de Confrarías. Lugar de Todas, de Carlos Pita, foi a proposta gañadora nun concurso aberto de arquitectura, un dos poucos que tiveron lugar en toda Galicia nos derradeiros anos e no que tomaron parte medio cento de profesionais reputados. A remodelación de Armas, retornando ao espirito orixinal da praza como espazo público aberto e accesible, transformará o corazón da Magdalena no gran salón de actos da cidade.