Poderán concorrer a esta convocatoria todas as asociacións veciñais, as federacións e as agrupacións de asociacións veciñais que cumpran os requisitos e finalidades conforme a convocatoria das anteditas axudas e que fomenten a participación da veciñanza no ámbito de actuación no termo municipal do Concello de Ferrol. veciñanza
Ferrol, 8 de xullo de 2016- No Boletín Oficial da Provincia de hoxe venres 8 de xullo de 2016, sae publicada a convocatoria de subvencións a entidades veciñais do Concello de Ferrol para o ano 2016.
Consonte ao previsto na dita convocatoria o prazo de presentación de solicitudes é de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial da Provincia, polo que o prazo comprende dende o 9 ata o 28 de xullo ámbolos dous inclusive.
Os modelos de solicitude están a disposición das entidades no Rexistro Xeral, no Negociado de Participación Cidadá e na páxina web do Concello na sección SEDE ELECTRÓNICA – TABOLEIRO DE ANUNCIOS . A resolución da concesións será por decreto do concelleiro de Participación e comunicado a todos/as os/as solicitantes de forma fidedigna.
En cifras máis polo miúdo a contía global da presente convocatoria, para o ano 2016 suma a cantidade de 90.000 € , divididos en dúas modalidades:
A) Gastos de actividades e programas
Contía: 78.000 €
Réxime de concorrencia competitiva
B) Gastos de enerxía eléctrica:
Contía: 12.000 €
Réxime de concorrencia non competitiva.
Estas subvencións corresponden ao impulso e apoio que dende a Concellería de Participación do Concello de Ferrol queren dar ás entidades veciñais do noso Concello como motores e garantes da participación cidadá efectiva, así como en contribuír a impulsar as relacións humanas e sociais entre a veciñanza dos barrios e parroquias.