Ferrol, 13 de maio.- O Urbanismo é parte nuclear da cidade. Un Ferrol para vivir, a medida da veciñanza é unha parte estrutural do noso programa de Goberno para o ciclo político 2019-2023, unha continuación necesaria para completar, nos seguintes catro anos, a transformación xa iniciada, avanzar na peonalización e ver completados proxectos iniciados, licitados e adxudicados polo Goberno de Ferrol en Común, xa comezados ou de execución inmediata como aremodelación Praza de Armas, a pasarela peonil de Santa Mariña, reforma do mercado de Caranza, rehabilitación de Recimil, Estradas de Pazos e Serantes,… Todos eles moi necesarios e resposta física e efectiva as demandas da veciñanza, moitas delas históricas e nunca satisfeitas mais aló das promesas consecutivas.
Un traballo arduo e complexo o que abrangue Urbanismo, Vivenda, Rehabilitación e Mobilidade, no que se suma a atención ó cidadá na tramitación de calquera tipo de autorización de obras coa redacción de planeamento, ordenanzas, planificación de infraestructuras e proxectos de urbanización, decisións de futuro importantes para a cidade que teñen un desgaste nos tempos da súa execución xa que non son inmediatas.
¿QUÉ FONDOS PÚBLICOS ACADAMOS NESTE MANDATO?
.- 10 millóns de euros para Estratexia Ría de Ferrol 2020 (EDUSI), nun proxecto conxunto con Narón e un reparto dos fondos 70%-30%.
-2,5 millón de euros no programa Programa Interreg Espazo Atlántico, liderando un proxecto ao fronte dun consorcio internacional con outras 8 cidades europeas para alumear o proxecto MMIAH de posta en valor do Patrimonio Marítimo, Militar e Industrial. A Ferrol correspondenlle 554.765 euros.
– 7.000 euros do Civitas Sump para promover Plan de Mobilidade con Axudas Europeas, sendo elexidos con outras 14 cidades europeas.
– 534.029,98 programa Pareer, de Rehabilitación Enerxética de Recimil. (En tramitación)
-163.108, 00 do FEMP para o proxecto de Rehabilitación do Dique da Cabana e Tinglado. FEMP.
-1,5 % Cultural para o Castelo de San Felipe, xunto coa Concellería de Patrimonio (455.581,37)
AXUDAS A REHABILITACIÓN: +de 15 millón de euros investidos nas ARIS
No 2015, Ferrol contaba con 3 áreas de Rehabilitación, Magdalena Ferrol Vello, A Graña e Esteiro. A estas áreas sumouse en xaneiro do 2017 a Área de Rehabilitación de Recimil, unha boísima nova que abría as portas a consecución de fondos públicos como necesaria inxección na rehabilitación dun dos maiores parques de vivendas de titularidade municipal do Estado. A
A tramitación das axudas a rehabilitación nas tres Aris no mandato 2015-2019 deu lugar a 556 intervencións cun investimento global de 15 millóns de euros, dos que 4 millóns foron subvencións a rehabilitación dos nosos barrios históricos.
NÚMERO DE PROXECTOS REDACTADOS: 46 POR UN IMPORTE DE 15 MILLÓNS DE EUROS
- -Praza de Armas.
- -Carretera de acceso ó Cementerio de Serantes.
- -Reforma Mercado de Caranza Fase 1
- -Local de Arraigo.
- -Proxecto de Acondicionamento do Dique da Cabana e Tinglado
- -Praza da Escola das Pedreiras
- -Expropiacións de Basanta e Espiño.
- -Pista Polideportiva Mandiá.
- -Urbanización Estrada de Pazos Fase 1
- -Urbanización de Espartero
- -Urbanización Carme Curuxeiras
- -Obras de reparación do Ateneo
- -Obras de Reparación do Toxos
- -Fachadas e Cubertas da SGHN
- -Oficina de Atención ao Peregrino
- -Accesibilidade Centros Deportivos
- -Accesibilidade Centros Docentes
- -Proxecto Bás. e Exec. da rehabilitación enerxética en 10 de Marzal. Recimil.
- -Proxecto Bás. e Exec. da rehabilitación enerxética en Naron 1-6. Recimil.
- -Proxecto Bás. e Exec. da rehabilitación enerxética en Ares 1-2. Recimil.
- -Proxecto Bás. e Exec. da rehabilitación enerxética en Betanzos. Recimil.
- -Iluminación da Magdalena, 1ª Fase
- -Iluminación do Cantón de Molíns .
- -Proxecto da Cuberta de Xogo de Chave. Serantes.
- -Accesibilidade Cruces de Peóns 2ª Fase
- -Accesibilidade Cruces de Peóns 3ª Fase
- -Accesibilidade Cruces de Peóns 4ª Fase
- -Accesibilidade Cruces de Peóns 5ª Fase
- -Aparcamento Disuasorio na Rúa Alegre
- -Aparcamento Disuasorio no CHUF
- -Reformado das Obras de Urbanización da Rúa Basanta
- -Proxecto de Mobiliario de Ferrol Vello
- -Adaptación do Proxecto de Mobiliario de A Magdalena
- -Rehabilitación do edificio do Toxos e Flores
- -Urbanización Fenya
- -Urbanización Vinculeiro
- -Memoria Valorada para acondicionamento de 9 vivendas en Recimil.
- Alternativa Ponte de Santa Mariña.
Concellería de Patrimonio Histórico
- -Rehabilitación da Casa de Cureñas. San Felipe
- -Rehabilitación da Casa do Comandante. San Felipe
- -Rehabilitación de Caseta de Vixiantes. Castelo de San Felipe.
- -Limpeza de Batería Baixa.
- Acceso a capela de Santa Comba
- – Rehabilitación integral de lavadeiros de Brión, Esmelle e Balón.
- -Consolidación de Parte Alta da Casa do Gobernador e eliminación de elementos descontextualizados
- -Memoria Valorada da evacuación de augas do Castelo de San Felipe
Unha cidade debe estar feita a medida das persoas, accesible, verde, camiñable cos espazos públicos abertos como eixo e epicentro da súa configuración. Máxime, sendo como somos, Cidade Educadora e integrantes da Rede de Cidades que Camiñan.
Os nosos obxectivos neste mandato son:
Peonalización total do barrio da Magdalena
Un Ferrol para as persoas, accesible, verde e para camiñar coa praza de Armas remodelada como gran salón de actos da cidade.
Afondar na aposta pola rehabilitación
A través de fondos propios e das achegas da UE, rehabilitación de barrios como Recimil, Ferrol Vello, Esteiro, A Graña, A Magdalena, Canido e San Pablo Catabois.
Impulso ó Pacto da mobilidade
Traballaremos para conseguir un transporte público que conecte barrios e puntos clave da cidade, creación de aparcadoiros disuasorios, impulso á estación intermodal. Loitaremos por unha mellora na conexión ferroviaria Ferrol-A Coruña.
Plan específico para o Ferrol rural Avanzaremos no saneamento, crearemos unha Policía Ambiental, rozas regulares, cuadrilla rural e o programa +Rural para equilibrar en dereitos e servizos barrios e parroquias.
Servizos públicos
Camiñar cara a municipalización da recollida do lixo e da limpeza viaria, como fixemos recuperando o servizo de socorrismo nas nosas praias.
Colaboración con outras Administracións
Traballaremos con outras administracións para sacar adiante o estaleiro 4.0, abrir Ferrol ao mar, remodelación completa do CHUF, ribazo das Pías, urbanización Sánchez Aguilera.

