…, no seu local, na rúa Euskadi, 11, cedido polo municipio.
Unha xuntanza ben agradable e moi produtiva, na que se abordaron os resultados, e tamén as necesidades a presente e futuro, de programas como ProInfancia, co impulso económico da Obra Social de LaCaixa, para favorecer a inclusión e o desarrollo integral dos menores en situación de pobreza ou risco de exclusión social no barrio deRecimil, e outros plans e programas en marcha Promociona e Acceder, centrado na mellora da empregabilidade do colectivo.
Pequenos grandes pasos adiante, subliñaban hoxe desde a entidade, para a visibilización, para rachar clixés e loitar contra a discriminación no noso municipio e acadar a igualdade entre persoas, tarefas nas que sempre atoparon o respaldo, en todos os planos, de Ferrol en Común.