RECIMIL, A HISTÓRICA REHABILITACIÓN DUN BARRIO MUNICIPAL
O candidato de Ferrol en Común apostaba hoxe por ampliar as ARIS a San Pablo-Catabois e Canido
Hoxe saímos novamente a rúa, e camiñamos até Recimil, un barrio polo que apostamos e no que cremos, cons feitos mais aló das promesas baleiras dos que pretendederon derrubalo para especular e convertilo nun gueto. Grazas ao intenso traballo feito polo Goberno de Ferrol en Común, hoxe en día está a piques de iniciarse unha intervención histórica para barrio que comezará esta semana no bloque 1.4 da rúa Dez do Marzal, coa sinatura o martes 21 da acta de replanteo que da inicio a transformación.
A obra actúa sobre os elementos comúns da envolvente da edificación, isto é: cuberta, fachada e fiestras, para mellorar o seu aillamento e, en definitiva, a calidade de vida da veciñanza e da imaxe urbana de Ferrol e irá acompasada coa rehabilitación interior, con proxecto modulares xa redactados desde a Oficina Municipal de Rehabilitación.
Será o primeiro paso, tal e como destacaabaoxe o candidato de Ferrol en Común, na rehabilitación de todo un barrio, e o proxecto piloto para toda a barriada, un dos mais grandes parques de vivenda pública municipal do Estado, e que pronto terá a súa continuidade na rúas Narón, Ares e Betanzos.
O noso candidato, Jorge Suárez, estivo acompañado polo arquitecto técnico Miguel Rodríguez Paz, número 7 da candidatura de Ferrol en Común, poñendo en valor o inxente traballo feito nesta mandato desde a Área de Urbanismo, Vivenda e Mobilidade, con mais de 46 proxectos redactados entre os que se contan os que xa están en marcha como a Praza de Armas e os inmediatos como a reforma do Mercado de Caranza, a pasarela peonil de Santa Mariña, e a ampliación da Estrada de Pazos en dúas fases, entre outros tantos.
NOVO ARI PARA AS VIVENDAS DE SAN PABLO-CATABOIS E CANIDO
O candidato de Ferrol en Común a Alcaldía de Ferrol reiteraba hoxe a intención da súa equipa de ampliar a especial protección urbanística da ARI as vivendas de San Pablo-Catabois e Canido, tal e como se recolle no programa electoral para o seguinte mandato 2019-2023.
«Quixera recalcar que acadamos 15 millón de euros de fondos europeos para desenvolver proxectos en Recimil, Ferrol Vello, Esteiro, A Graña e Magdalena, a través das ARIS, e que queremos ampliar a San Pablo e Canido. Así o abordaremos coa Xunta e Fomento. Cómpre non esquecer o traballo feito en accesibilidade cun investimento de un millón de euros en V fases de cruces de peons, ademais dos proxectos preparados para mellorar a accesibilidade nos centros escolares e deportivos que, estou convencido, merecerá un recoñecemento a nivel europeo», rematou Suárez.
Por último, Jorge Suárez, aplaudía o cambio de parecer do Partido Popular, agora proclive a ‘impresicindible’ peonalización da Magdalena.
“A reforma de Armas está en marcha como tamén o aparcadoiro disuasorio da rúa Alegre e a nova concesión de liñas de transporte en agosto. É momento de acadar un consenso para a peonalización completa da Magdalena para avanzar como cidade. Unha cidade moderna a medida das persoas ocupando os espazos públicos. Os exemplos de Pontevedra e Lugo son claros; a peonalización fai medrar as cidades, o emprego e o comercio”, rematou.
¿QUÉ FONDOS PÚBLICOS ACADAMOS NESTE MANDATO?
.- 10 millóns de euros para Estratexia Ría de Ferrol 2020 (EDUSI),nun proxecto conxunto con Narón e un reparto dos fondos 70%-30%.
-2,5 millón de euros no programa Programa Interreg Espazo Atlántico, liderando un proxecto ao fronte dun consorcio internacional con outras 8 cidades europeas para alumear o proxecto MMIAH de posta en valor do Patrimonio Marítimo, Militar e Industrial. A Ferrol correspondenlle 554.765 euros.
– 7.000 euros do Civitas Sump para promover Plan de Mobilidade con Axudas Europeas, sendo elexidos con outras 14 cidades europeas.
– 534.029,98 programa Pareer, de Rehabilitación Enerxética de Recimil. (En tramitación)
-163.108, 00 do FEMP para o proxecto de Rehabilitación do Dique da Cabana e Tinglado. FEMP.
-1,5 % Cultural para o Castelo de San Felipe, xunto coa Concellería de Patrimonio (455.581,37)
AXUDAS A REHABILITACIÓN: +de 15 millón de euros investidos nas ARIS
No 2015, Ferrol contaba con 3 áreas de Rehabilitación, Magdalena Ferrol Vello, A Graña e Esteiro. A estas áreas sumouse en xaneiro do 2017 a Área de Rehabilitación de Recimil, unha boísima nova que abría as portas a consecución de fondos públicos como necesaria inxección na rehabilitación dun dos maiores parques de vivendas de titularidade municipal do Estado. A
A tramitación das axudas a rehabilitación nas tres Aris no mandato 2015-2019 deu lugar a 556 intervencións cun investimento global de 15 millóns de euros, dos que 4 millóns foron subvencións a rehabilitación dos nosos barrios históricos.
NÚMERO DE PROXECTOS REDACTADOS: 46 POR UN IMPORTE DE 15 MILLÓNS DE EUROS
1. -Praza de Armas.
2. -Carretera de acceso ó Cementerio de Serantes.
3. -Reforma Mercado de Caranza Fase 1
4. -Local de Arraigo.
5. -Proxecto de Acondicionamento do Dique da Cabana e Tinglado
6. -Praza da Escola das Pedreiras
7. -Expropiacións de Basanta e Espiño.
8. -Pista Polideportiva Mandiá.
9. -Urbanización Estrada de Pazos Fase 1
10. -Urbanización de Espartero
11. -Urbanización Carme Curuxeiras
12. -Obras de reparación do Ateneo
13. -Obras de Reparación do Toxos
14. -Fachadas e Cubertas da SGHN
15. -Oficina de Atención ao Peregrino
16. -Accesibilidade Centros Deportivos
17. -Accesibilidade Centros Docentes
18. -Proxecto Bás. e Exec. da rehabilitación enerxética en 10 de Marzal. Recimil.
19. -Proxecto Bás. e Exec. da rehabilitación enerxética en Naron 1-6. Recimil.
20. -Proxecto Bás. e Exec. da rehabilitación enerxética en Ares 1-2. Recimil.
21. -Proxecto Bás. e Exec. da rehabilitación enerxética en Betanzos. Recimil.
22. -Iluminación da Magdalena, 1ª Fase
23. -Iluminación do Cantón de Molíns .
24. -Proxecto da Cuberta de Xogo de Chave. Serantes.
25. -Accesibilidade Cruces de Peóns 2ª Fase
26. -Accesibilidade Cruces de Peóns 3ª Fase
27. -Accesibilidade Cruces de Peóns 4ª Fase
28. -Accesibilidade Cruces de Peóns 5ª Fase
29. -Aparcamento Disuasorio na Rúa Alegre
30. -Aparcamento Disuasorio no CHUF
31. -Reformado das Obras de Urbanización da Rúa Basanta
32. -Proxecto de Mobiliario de Ferrol Vello
33. -Adaptación do Proxecto de Mobiliario de A Magdalena
34. -Rehabilitación do edificio do Toxos e Flores
35. -Urbanización Fenya
36. -Urbanización Vinculeiro
37. -Memoria Valorada para acondicionamento de 9 vivendas en Recimil.
38. Alternativa Ponte de Santa Mariña.
Concellería de Patrimonio Histórico
39. -Rehabilitación da Casa de Cureñas. San Felipe
40. -Rehabilitación da Casa do Comandante. San Felipe
41. -Rehabilitación de Caseta de Vixiantes. Castelo de San Felipe.
42. -Limpeza de Batería Baixa.
43. Acceso a capela de Santa Comba
44. – Rehabilitación integral de lavadeiros de Brión, Esmelle e Balón.
45. -Consolidación de Parte Alta da Casa do Gobernador e eliminación de elementos descontextualizados
46. -Memoria Valorada da evacuación de augas do Castelo de San Felipe