Hoxe todos os voceiros da corporación reunímonos co comité de Navantia. A boa nova da construción das fragatas F110 é insuficiente, xa que o inicio de corte de chapa pode demorarse a 2021. É necesaria a sinatura dun AOR, demanda da Armada, de forma inmediata.

De non ser así perderanse centos de postos de traballo na industria auxiliar, xa que nos esperan dous anos de baleiro na carga de traballo. Postos que non se van recuperar, sumado á falta dun plan serio de formación e o avance do estaleiro 4.0.

É unha cuestión crucial para a comarca organizar unha fronte común e exixir ese buque nada máis se constitúa o goberno central, xa que as repercusións directas e indirectas abócannos a unha crisis socioeconómica de calado. O futuro de Ferrolterra está en xogo. So falta a vontade política.