Ferrol en Común aféalle ao goberno municipal as formas na presentación do proxecto de orzamento xa que “convócase unha xunta de voceiros con menos de 24h de antelación e con 10 minutos para coñecer o contido dos orzamentos antes da súa presentación pública nos medios de comunicación” comentaba o voceiro de FeC, “creo que non é unha boa forma de iniciar o camiño para chegar a un acordo” concretaba Suárez.
Na valoración inicial que fixemos, “vemos unha ambición de endebedamento de 8 millóns que é posible grazas as contas saneadas que deixou Ferrol en Común” explicaba Jorge Suárez. Coñecendo os ritmos e os prazos administrativos o orzamento que presentan é inaplicable en 8 meses, que é a vixencia que lle queda a este orzamento.
Botamos en falta que non se reflexe nestes orzamentos unha aposta
clara polo que máis precisa a cidade, a creación de emprego. E que
non exista un proxecto profundo de cidade, no que se analicen as
necesidades reais.
Ferrol en Común analizará polo
miúdo para ver como se abordan os proxectos clave para a cidade e
cales se contemplan e cales non, para comezar unhas negociacións con
responsabilidade, cousa que non tivo a oposición no noso mandato.
Trataremos que se cumpra o acordo que este grupo asinou co PSOE, despois de casi 8 meses de cidade paralizada e goberno de portas pechadas de cara á cidadanía, tecido social y cultural.