Ferrol, 13 de outubro de 2021

En outubro de 2018, a concelleira de Benestar Social, Muller e Igualdade, Saínza Ruiz, estableceu a gratuidade do servizo de teleasistencia desde o pasado 7 de xullo e eliminou o copago municipal despois dun longo traballo da concellería para preto de 120 persoas usuarias con grandes necesidades de acompañamento social e en situación de soidade ou gran dependencia ás que se lles comunicou individualmente por vía postal a gratuidade do servizo municipal público de teleasistencia do Concello de Ferrol ata este ano 2021. Con anterioridade estaba establecido un sistema de copago polo goberno anterior que tiña un custo de 5 euros por usuario.

Ante o novo regulamento proposto pola actual concelleira de Benestar Social e o Alcalde Ángel Mato, a concelleira Saínza Ruíz, esixe ao goberno local coñecer se vai a ceder este regulamento ao servizo de solicitude de teleasistencia á Xunta ou vai a continuar co servizo establecido por Ferrol en Común onde se eliminou o copago.

«Unha vez aprobado este novo regulamento, queremos coñecer se van a establecer de novo un copago que lles correspondería ás persoas que sería de 5 euros ao mes se aplican a solicitude da administración autonómica se dite a oportuna instrución de aplicación do Decreto 149/2013 polo que se define a carteira de Servizos Sociais», este copago eliminouse pola concelleira de Ferrol en Común cando gobernaba e se mantivo entre os anos 2018 ata este 2021 producindo unha gratuidade nas persoas usuarias da Teleasistencia Domiciliaria que son persoas en situación de gran dependencia, en extrema vulnerabilidade ou en situación de soidade que a concelleira entende que “teñen que ter a gratuidade do servizo sociosanitario máis importante que presta o Concello de Ferrol que é a atención á dependencia”.

Xa no 2018 a Concelleira e o Goberno de Ferrol en Común ampliaran o servizo de 120 ampliaran até 200 e devolveron a gratuidade ás persoas en dita situación sensible e incorporando mais demandantes e suprimindo as listas de agarda, con importantes melloras na prestación do servizo como a custodia de chaves, as cámaras de infrarrojos e alarmas para a detección de mortes en soidade con detectores de movemento e detectores de incendios e fume.

Parece que as novas bases eliminan estas melloras e xestión directamente municipal e manteñen o orzamento que se duplicara no mandato anterior a 52.800 en 2018 dos 26.100 do 2014 que aumentara un 50% o orzamento social que a anterior responsable de Benestar Social, Saínza Ruiz de Ferrol en Común, decidira adxudicar a un servizo para frear as mortes en soidade en Ferrol.

Ademais, dentro das alegacións presentadas por FeC propoñemos que o servizo de teleasistencia tramítese en 2 meses, coma viña facéndose no noso mandato, e non en 6 meses coma propón o goberno municipal neste regulamento, xa que consideramos que é un servizo de especial urxencia.

Por isto, a concelleira de Ferrol en Común esixiu “que se retome a senda do servizo municipal, gratuíto e que manteñan as melloras do servizo coa figura da custodia de chaves, xa que unha ampla porcentaxe poden ser residentes da zona rural en casos de hospitalización. Tamén existe a opción de instalar un detector de gas-fumes, e sensores magnéticos na apertura e peche de portas, cuestións que se lles comunicaran aos bombeiros de Ferrol para favorecer a súa aplicación, no caso de que fose preciso.”

Non entendemos que se presente un regulamento que é un retroceso en dereitos para as persoas vulnerables e se lles recorten dereitos sociosanitarios en pandemia pretendendo asumir o copago máximo da Xunta de Galicia. E que ademais se faga na ponte, con alevosía e sen marxe de achegas aos grupos municipais xa que o prazo é en ponte e en festivo. Agardamos que se rectifique esta actitude nas cuestión máis sensibles da cidade de Ferrol e se volte á senda do consenso e o diálogo do mandato anterior na área de benestar social.”