Saltar al contenido
Menú
FERROL EN COMÚN
  • Inicio
  • Quen somos
    • A Organización
    • Grupo Municipal
      • Jorge Suárez Fernández
      • Suso Basterrechea López
      • Saínza Ruíz Ferreño
  • Actividade Municipal
    • Mocións
    • Acordo gobernabilidade FeC-PSOE
    • Acordo orzamentos 2021 FeC-PSOE
  • Programa Electoral
    • Un Ferrol para vivir
    • Un Ferrol para os coidados
    • Un Ferrol para ser
    • Un Ferrol que mola
    • Un Ferrol para o mañá
    • Un Ferrol para todas
  • Transparencia
    • Manifesto
    • Estatutos
    • Código Ético
    • Carta Financieira
  • Contacto
FERROL EN COMÚN

FeC reclama solucións para a biblioteca municipal

Publicada el junio 8, 2022junio 8, 2022

Ferrol, 8 de xuño de 2022

Hoxe, despois de 2 meses de paros, as traballadoras e traballadores da biblioteca municipal realizarán unha nova xornada de folga para seguir reclamando máis persoal e frear o deterioro do servizo. Así mesmo, rexistrarán máis de 900 sinaturas recollidas entre os usuarios e usuarias da biblioteca e a cidadanía en xeral, a cal comparte a demanda dun servizo público de biblioteca de calidade coma víñase prestando ata o momento, no que a merma na plantilla está a causar numerosos inconvintes no uso deste espazo público.

O pasado domingo, o alcalde Angel Mato, dicía nunha entrevista na prensa que “los conflictos de ámbito laboral abiertos tenían más que ver con el momento del mandato en el que estamos que con ninguna otra cuestión”, desprezando así as reivindicacións dos propios traballadores e traballadoras do Concello do que é Alcalde e cos que nin se queira mantén un diálogo fluído para poñer solución a dito conflito.

FeC considera inaceptable esta situación na que o persoal de bibliotecas ten que manifestarse nas portas do Concello agardando que o goberno municipal lles escoite e busque unha solución ao problema, mentres tratan de sacar adiante un Plan Integral de Cultura, unha contradición que manifesta que o goberno municipal actúa por libre e o que menos lle interesa é coñecer os verdadeiros problemas da cidade neste ámbito.

Dende FeC, pedímoslle ao goberno local que se tome en serio as reivindicacións do persoal de biblioteca, que non son soamente súas, se non da cidadanía en xeral coma así reflicten ás preto de 1000 sinaturas recollidas, e comece un diálogo cos traballadores e traballadoras deste servizo e unha búsqueda conxunta de solucións para poñer fin ao deterioro da biblioteca municipal, un servizo prestado íntegramente por persoal municipal, cunha gran implicación e calidade. Algo do que sentirnos orgullosos e coidar non de deixar caer.

Consulta as nosas RRSS

  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram

Últimos artigos

  • FeC lamenta a actitude do goberno local fronte o contrato de parques e xardíns julio 19, 2022
  • Tres anos de goberno, unha decepción junio 15, 2022
  • FeC critica a supresión dos aparcadoiros sen alternativas viables junio 14, 2022
  • FeC reclama solucións para a biblioteca municipal junio 8, 2022
  • FeC mantén unha xuntanza coa Avv de Caranza junio 7, 2022
  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram
  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Contacta
©2022 FERROL EN COMÚN | Funciona con SuperbThemes y WordPress