Ferrol, 19 de abril de 2023

Mañá xoves 20 de abril ás 20.00h Ferrol en Común inaugurará o seu local de campaña, sito en rúa Galiano nº 55, un espazo que será o epicentro do traballo de cara ás municipais do 28 de maio.

Nesta inauguración, ademais do candidato de Ferrol en Común, Jorge Suárez, tamén asistirán o resto de persoas da candidatura, que será aprobada nunha Asemblea anterior e presentada á veciñanza nos vindeiros días; e por suposto estaremos acompañadas das xentes de Ferrol en Común que son o corazón da nosa organización.

Toda a veciñanza, asociacionismo, entidades e calquera persoa que teña interese é benvida e está convidada a compartir con nós esta apertura do local, que se converterá nun espazo aberto, no que poñer ideas en conxunto, debater, traballar nas propostas e na campaña e sobre todo no que escoitar e falar en común do que precisa a nosa cidade e como podemos mellorala a través de políticas útiles que den resposta aos problemas da xente.