Ferrol, 26 de setembro de 2023

Froito da colaboración entre o Concello de Ferrol e a Asociación SOGAPS, cada ano nenos e nenas que viven no Sáhara Occidental pasan parte do verán na nosa cidade, grazas a solidaridade e compromiso das familias acolledoras que participan no programa “Vacaciones en Paz”.

Este ano foron 5 os nenos e nenas que viaxaron ata aquí a mediados de xullo e foron recibidos pola corporación local nunha tradicional benvida. Sen embargo, este ano, non se realizou a habitual despedida na que ademais se lles agasalla con variado material escolar que cubre algunhas das súas necesidades para a volta ao Sáhara.

Dende Ferrol en Común estamos altamente comprometido coa causa do Sáhara Occidental e máis aínda cos nenos e nenas que viven nos campamentos do deserto do Tinduff, polo que agardamos que este esquecemento por parte do goberno local fora máis un olvido que unha falta de compromiso pola súa parte.

Por isto agardamos e demandamos que no vindeiro ano se retome o acto de despedida dos nenos e nenas saharauis e das súas familias acolledoras coma víñase facendo ata o momento.