Ferrol, 04 de outubro de 2023

Hoxe dictaminouse en Comisión de Urbanismo a proposta de aprobación definitiva do estudo de detalle para a construción do taller de sub-bloques no estaleiro de Navantia, o que para nós e para a cidade supón unha gran noticia, aínda que moi ao noso pesar dáse varios anos despois de que en 2018 Ferrol en Común iniciara este traballo, cando a comunicación con Navantia era moito máis fluída. Esta aprobación do estudo podería terse feito moito antes se todos e todas remáramos na mesma dirección.

Ferrol en Común agarda que isto só sexa o principio dun camiño que conclúa coa construción do famoso astaleiro 4.0 e o dique cuberto, infraestrutura imprescindible para que Navantia sexa competitiva a nivel internacional máis aló dos pedidos que realice a Armada Española.

Dende FeC instamos ao goberno local ao impulso e apoio imprescindible destes proxectos para Navantia e a convocatoria dunha Mesa de carácter social, que xa estaba a funcionar con anterioridade, co obxectivo de crear unha fronte común para exercer a presión necesaria coa que conseguir as infraestruturas fundamentais para o estaleiro e poder sobrevivir ao actual período da construción das fragatas e garantir esta boa situación económica-laboral no tempo.