Ferrol, 20 de outubro de 2023

O pasado domingo 7 de outubro diversos grupos lanzaron unha secuencia de múltiples ataques contra obxectivos militares e civís. Un ataque que provocou centos de mortos e feridos, moitos de eles civís.

Este ataque, ven precedido por unha escalada constante de tensión e vítimas no conxunto de Palestina, que devenga nunha resposta militar israelí con bombardeos indiscriminados en Gaza cun número crecente día d día de vítimas no que é claramente un castigo colectivo á poboación gazatí, algo que prohibe o dereito internacional.

A ofensiva iniciouse dende a Franxa de Gaza, unha das zonas nas que quedou dividido o territorio palestino despois das numerosas invasións e usurpacións territoriais por parte de Israel. Gaza converteuse, dende fai tempo, nunha enorme cárcere ao aire libre na que viven hacinados 2,4 millóns de palestinos e palestinas, sen acceso ás mínimas condicións e servizos que permiten unha vida digna, por decisión e responsabilidade única e exclusiva do Estado de Israel, que interpuxo un bloqueo por terra, mar e aire sobre a Franxa de Gaza dende o ano 2007 que xenerou unha situación de emerxencia humanitaria.

Para que a paz exista na rexión é imprescindible unha solución xusta, aliñada co dereito internacional e os dereitos humanos. A comunidade internacional ten que garantir o cumprimento por Israel das distintas resolucións sobre territorios ocupados que leva incumprindo sistematicamente, garantir o dereito de Palestina a ser un Estado soberano e independente e poñer en marcha de inmediato un proceso de paz que garante o fin do conflito armado.

Ante esta situación, Ferrol en Común ven de rexistrar unha moción ao Pleno da corporación municipal coa que buscamos que o Concello de Ferrol amose a súa solidariedade e apoio aos palestinos e palestinas coma consecuencia da guerra de ocupación que leva exercendo Israel dende fai 75 anos, que se condene firmemente o asasinato de civís por calquera dos bandos en conflito e exiximos o cumprimento das resolucións da ONU e o recoñecemento das fronteiras establecidas en 1967.

Así mesmo, instamos ao Goberno de España ao recoñecemento do Estado de Palestina con todas as consecuencias e a mediar a nivel internacional para poñer fin ao conflito entre Palestina e Israel.

Por último, instamos a que non se paralice ningún programa de axuda humanitaria tan imprescindible nestes intres nas que o pobo palestino non ten acceso a produtos básicos por un bloqueo atroz ao que agora se suma o corte do suministro de auga.

Este domingo 22 de outubro terá lugar unha nova concentración ás 12.00h na Praza de Armas en apoio ao pobo palestino e para a que facemos un chamamento para que a asistencia sexa masiva e amosemos a nosa solidariedade cos palestinos e palestinas que cada día resisten a ocupación, o apartheid e o exilio.