Ferrol, 20 de outubro de 2023

Esta mañá na Comisión de Cultura, Deportes e Festas o goberno local presentou as actividades que se levarán a cabo no día do Samaín, unha celebración cuxas raíces atópanse en Galicia, pois eran os celtas os que celebraban esta data coma fin da tempada da cosecha e comezo da estación escura, crendo que ese día 31 de outubro os defuntos volvían ao mundo dos vivos, polo que levaban a cabo unha serie de rituais.

Neste sentido, instamos ao goberno municipal a darlle unha volta a esta festa e poñer en valor as nosas tradicións a través de actividades e iniciativas que se asemellen máis as nosas costumes e recuperando iniciativas esquecidas coma a Santa Compaña. Dende FeC consideramos que esta festa ten moito potencial para, de cara ao futuro, darlle moito máis protagonismo na nosa cidade.

Así mesmo, consideramos importante descentralizar as actividades noutros barrios e tamén na zona rural, aínda que se siga apoiando e valorando a iniciativa da veciñanza e da asociación ECHO Catabois.