IES Castro da Uz (As Pontes)

Ferrol en Común  en solidariedade cos asinantes do Manifesto Abrente (Agrupación de ANPAS LOCAIS da vila) amosa o seu rexeitamento aos recortes que se veñen aplicando polo PP nos últimos tempos, que afectan especialmente ao ámbito educativo, sanitario e administrativo en Galicia e neste caso conreto á vila de As Pontes. O que pretenden dende o PP é mermar os servizos públicos ofertados nas vilas deixándoas, así, esmorecer pouco a pouco.

Neste sentido a supresión dunha liña de bacharelato no IES Castro da Uz nas Pontes de As Pontes refuxiándose en banos argumentos e en estatísticas interesadas, sen escoitar aos veciños, nin querer atender as demandas da comunidade educativa, é un exemplo máis da política de rodelo e desmantelamento dos servizos públicos que está a levar o PP con recortes e privatizacións. Neste caso o goberno de Feijoó toma unha decisión drástica na que non se deixa opción a elixir, nin a aportar suxestións ou novas propostas por parte dos pais e nais ou do mesmo profesorado do centro.

Entendemos que o que está acontecer en As Pontes con continuos recortes na oferta educativa da vila non é máis ca unha mostra máis da política educativa do PP (tanto na Xunta coma no Estado) cun ataque continuado a educación pública, recortando recursos humanos e materiais, ateigando as aulas, sumprimindo oferta educativa nas vilas e cidades, e todo isto complementado cunha falta de diálogo absoluta coa comunidade educativa, sen atender as necesidades e demandas dos veciños e veciñas.

Dende FeC sempre apoiaremos e defenderemos o ensino público e de calidade, coa dotación de recursos públicos, por iso amosamos a nosa solidariedade coa Agrupación de ANPAS locais de As Pontes, e apoiamos a mobilización do vindeiro xoves ás 12.00 h da mañá fronte a delegación territorial da Xunta de Galicia na Coruña.

Unha mobilización para esixir non só xa unha porta aberta ao diálogo, senón tamén a reconsideración da decisión sobre a supresión da liña de bacharelato, obrigando a sumar nun mismo centro a todos o estudantado masificando as aulas e por conseguinte mermando a calidade educativa e sen ter en conta a atención especial de alumnos e alumnas con diversidade funcional que precisan atención especializada. Ademais de todo iso tamén reducindo a oferta formativa da vila, baseándose como xa dixemos en meras previsións e estatísticas sen ter en conta outros criterios de valoración.

FeC por tanto apoia a exisencia da comunidade educativa de As Pontes respecto a permanencia do bacharelato no IES Castro da Uz e no Moncho Valcarce, e que os veciños e veciñas, pais e nais teñan o dereito de elixir e o dereito a recibir unha educación pública e de calidade, sen máis recortes nin mermas, das que xa leva sufrindo esta vila nos últimos anos por parte do goberno de Feijoó.