en-marea-avanza

Este luns terá lugar un ENCONTRO COMARCAL con EN MAREA para  achegar o traballo parlamentar ás asembleas de base e á cidadanía do país, e  gustaríanos contar coa vosa presenza nesta  presentacións do Grupo Parlamentar en Ferrol no Local de FeC na rúa María, 58 este vindeiro luns 28 de novembro ás 19.30 H .

Trasladamos ademáis o agradecemento de En Marea ás miles de persoas que fixeron posible converter esta organización na segunda forza no Parlamento do País nas pasadas eleccións do 25-S. Agora queda por diante un proceso participativo da que forman parte estos encontros.

Contaremos coa presenza de Luis Villares ademais das/os deputadas/os Lucha Chao, Manuel Lago e Pancho Casal.

1. GRAZAS!

O primeiro de todo! Agradecemento polo traballo desenvolto en campaña de persoas inscritas, simpatizantes e participantes; sen ti non sería posible!

2. CONTIGO!

En Marea avanzamos todas xuntas! Xeitos de participar: 

  • Grupos de traballo sectorial (igualdade, economía, servizos públicos, medio ambiente, territorio..)
  • Mareas municipais e grupos de traballo local.
  • Participación do proceso de renovación da dirección

3. AQUÍ ESTAMOS!

Presentación do Grupo Parlamentario e da actividade parlamentar. Un altofalante para o noso traballo de base.

4. CONTA CON NÓS

Quenda aberta de intervencións para posta en común de problemas, necesidades e inquedanzas da comarca.

#EnMareaAvanza!

#HaiMarea!

Esperamos contar contigo!