IMPULSAR PEQUENOS CENTROS DE DÍA NOS BARRIOS, SEGUIR A INCREMENTAR O INVESTIMENTO NA INFANCIA E NA MOCIDADE E LOITAR CONTRA A SOIDADE ENTRE OS OBXECTIVOS DO NOVO CICLO POLITICO 2019/2023

Ferrol, 14 de maio.-  Ferrol en Común naceu cunha premisa fundamental: os coidados mutuos, o reparto da riqueza, a xustiza social. Esa foi e segue a ser a nosa prioridade: procurar o ben común e mellorar a vida cotiá das persoas, desde as pequenas as grandes cousas coa política, como ferramenta nunca como fin.

Os datos que achegamos resumen as claras cales foron as nosas prioridades da nosa formación a fronte do Goberno da cidade: incrementamos un 42% (+de 90.000 euros) as axudas aos comedores escolares de 2014 a 2018, e as becas de escolarización, aumentamos progresivamente o número de usuarios dos comedores sociais, que hoxe  se achegan a 60 repartidos en cinco centros Río Xubia, Canido, Caranza, Esteiro aos que se sumaba, tamén neste mandato, o quinto e novo comedor no Centro Cívico de Canido.

Renovamos e incrementamos os convenio coas entidades sociais na procura dun reparto equitativo e xusto, axeitado as súas necesidades (Asfedro, APXF,..) e Iniciamos un programa piloto -e moi exitoso- como foi Nadal en Compañía, unha gran iniciativa de custo ben reducido que serviu para agrupar a persoas do municipio que non tiñan con que xantar e cenar nas datas sinaladas de Nadal e Aninovo.

Son numerosas a iniciativas feitas neste eido pero cómpre centrarse nos obxectivos que nos marcamos para o ciclo político 2019-2023, necesario para profundar nos coidados centrados nas personas, con especial e intensa atención a infancia, na mocidade; loitando contra a pobreza enerxética, procurando que todas as familias conten cos recursos básicos precisos nunha cidade libre de desafiuzamentos na que nos marcamos como retos crear pequenos centros de día nos barrios, unha oficina de atención a dependencia, loitar contra a soidade, como xa viñamos facendo, promovendo a socialización dos noso maiores con obradoiros de memoria e actividades de  e que vos resumimos nestes cinco puntos:

UN FERROL PARA OS COIDADOS

Primeiro as persoas

Axilizar os mecanismos de urxencias sociais seguindo cos programas Solidarízate, Habita e Arróupate e impulso á procura dunha Renda Básica Universal.

Cero pobreza enerxética

Como cidade libre de cortes de luz, seguiremos traballando para que todas as familias dispoñan de luz e auga como recursos básicos.

Incremento dos recursos para infancia e mocidade

Aumentar a partida orzamentaria para bolsas sociais de libros, material escolar e comedores; expandiremos o modelo proinfancia e sociocomunitario de Recimil ao resto de barrios.

Centrar a atención nos maiores

Crearemos pequenos centros de día nos barrios e a oficina de atención á dependencia, fomentando as axuda no fogar e a atención á dependencia, ademais de programas contra a soidade e talleres e actividades de dinamización.

Especial atención ás migracións

Ferrol en Común fornecerá a oficina de atención ás persoas migrantes onde se ofrecerá orientación e formación así como políticas de tolerancia e inclusión.