IMG-20160707-WA0007
Álvaro Montes, onte na inauguración dos cursos AFD no Centro de Emprego.

Son 45 os alumnos escollidos entre 128 candidaturas os que participarán nestas novas accións formativas para desempregados (AFD). Estas accións formativas están dentro das subvencións outorgadas pola Xefura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Emprego e Industria ao Concello de Ferrol para o fomento do emprego.

Ferrol, 22 outubro.- O concelleiro de emprego Álvaro Montes inagurou na maña de hoxe tres novas accións formativas para desempregados (AFD) que contan coa subvención da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

O número de alumnos por curso é de 15 que ao final do concurso obterán o certificado de profesionalidade. Ademais que como parte da súa formación realizarán prácticas profesionais non laborais para completar a súa formación.

Os 3 cursos AFD que está a desenvolver o Concello de Ferrol son os seguintes:

  1. Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais (468 horas)
  1. Operacións de gravación e tratamento de datos e documento (458 horas)
  2. Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (468 horas)

En cifras, mais polo miúdo, o número de alumnos que participan destas prácticas son 45 que foron seleccionados entre un total de 128 candidaturas remitidas pola Oficina de Emprego Ferrol- Esteiro.