Imaxino que como tantos cidadáns, a estas alturas son moi escéptica e síntome estafada, que máis que ter claro o que quero, sei moi ben o que xa non quero. Din que a memoria é traicioneira, pode ser, dende logo sempre é sectaria e vou cansa de escoitar leiras que soan rancias e carecen de autocrítica.
Un proxecto COMÚN, para xente COMÚN… o esforzo de amalgamar ideas e sensibilidades diferentes, a xenerosidade de colocar nos primeiros postos da lista a persoas independentes. Venme á memoria unha frase do grande Galeano: “Ojalá podamos tener el coraje de estar solos y la valentía de arriesgarnos a estar juntos”. 
 
Tampouco esquezo que COMÚN é tamén o sentido que parece máis escaso nestes tempos. 
 
Sorte a eles e sorte a todos!