Ferrol, 15 de xaneiro de 2020

O transporte público do municipio foi unha aposta constante do anterior goberno de Ferrol en Común, co obxectivo de procurar unha maior e mellor mobilidade da veciñanza dotando á cidade dun transporte público de calidade e adecuado as súas necesidades.

Durante 4 años traballouse de arreo para reforzar este servizo, promover o seu uso e rediseñar unhas liñas de transporte en aras dunha maior utilidade e eficiencia. Con este obxecto, puxéronse en marcha unha serie de traballos e estudos para documentar a situación actual e trazar unha diagnose para posteriormente abrir un diálogo no que recoller as demandas e necesidades da poboación.

Todo este traballo quixo ser posto en mans da Xunta de Galicia en numerosas ocasións sen obter resposta ningunha pola súa parte, como xa quedou constancia nas declaracións que facía a anterior Concelleira de Mobilidade, María Fernández Lemos, o pasado 20 de abril despois de que tivera lugar a xuntanza anual coa Consellería de Infraestructuras e Vivenda, única vez que tivemos voz fronte a Xunta de Galicia para abordar a problemática do transporte público na nosa cidade.

Despois de moito traballo e pouca colaboración, en xaneiro do pasado ano, a Administración Autonómica presentou un Anteproxecto do Plan de Transporte Metropolitano ao concello de Ferrol o cal foi sometido a exposición pública co prazo dun mes para alegacións.

Durante este prazo, o anterior goberno de FeC recolleu as demandas das asociacións veciñais, revisou todos os traxectos e horarios en canto a esas demandas e convocou a Mesa pola Mobilidade onde atópanse representado o tecido social da cidade, comercio local e veciñanza, incluíndo tamén representación da Xunta de Galicia a través dos seus técnicos.

Toda a información recabada a través desta Mesa, da empresa que redactou o Estudio de Transporte Público Colectivo para o Concello de Ferrol e das reclamacións e aportacións que se realizaron, foi recollida nunhas alegacións presentadas á Xunta de Galicia e que non foron recollidas pola Dirección Xeral de Mobilidade.

Nestas alegacións facíase fincapé en cuestións como as seguintes:

Líña XG 642 02 Mercado de San Xulián-A Graña

Modificar os horarios de primeira hora, retrasándolo 1 hora

LMMcXV volta 7:00 / 8:00 (proposto)

S volta 8:30 / 9:30 (proposto)

15:30 / 16:30 (proposto)

DF volta 9:30 / 10:30 (proposto)

Líña XG 642 03 Mercado de San Xulián-San Felipe

Modificar os horarios de primeira hora, retrasándo 1 hora, e incluir 1 expedición de ida-volta o

sábado pola tarde

S volta 7:00 / 10:00 (proposto)

Incluir unha expedición pola tarde de ida/volta de primeira hora e, por exemplo

16:30 – 20:30

Líña XG 642 04 Mercado de San Xulián-Ferrol EA

Modificar os horarios de primeira hora, retrasándolo 1 hora

LMMcXV volta 14:15 /14:35 (proposto, xa se modificara para poder coller a saída dos

Institutos e funcionaba moi bien)

Incluir unha expedición pola tarde a última hora, por exemplo volta ás 19:30 –

20:30

SDF volta 7:30 / 9:30 (propuesto)

Líña XG 642 16 Canido-Canido

Modificar as expedicións cincluíndo de ida e volta os SDF, a primeira e última hora da mañá e tarde,

por exemplo 10:00 – 13:30 y 16:30- 20:00

Incluir as paradas existentes

Polo que sentímonos totalmente sorprendidos ao coñecer que a Dirección Xeral de Mobilidade escúdase nunha mentira baseada en que o anterior goberno de Ferrol en Común non realizara alegacións ao Plan de Transporte Metropolitano, para non facerse responsable de non mellorar un servizo que debe adaptarse aos requerimentos e necesidades dos usuarios.

A intención do goberno de FeC foi sempre a mesma, que as liñas urbáns estiveran nun contrato único para poder abordar o servizo de forma municipal según o estudo que deixamos redactado no noso mandato e que actualmente está en mans do actual goberno. O prego e o contrato da concesión debe recoller o procedemento de modificación das liñas e non repetir erros como nos anteriores contratos nos que foi imposible dar servizo de transporte ao Hospital Naval.