Saltar al contenido
Menú
FERROL EN COMÚN
  • Inicio
  • Quen somos
    • A Organización
    • Grupo Municipal
      • Jorge Suárez Fernández
      • Suso Basterrechea López
      • Saínza Ruíz Ferreño
  • Actividade Municipal
    • Mocións
    • Acordo gobernabilidade FeC-PSOE
    • Acordo orzamentos 2021 FeC-PSOE
  • Programa Electoral
    • Un Ferrol para vivir
    • Un Ferrol para os coidados
    • Un Ferrol para ser
    • Un Ferrol que mola
    • Un Ferrol para o mañá
    • Un Ferrol para todas
  • Transparencia
    • Manifesto
    • Estatutos
    • Código Ético
    • Carta Financieira
  • Contacto
FERROL EN COMÚN

Ferrol en Común súmase e amosa o seu apoio a Xesús Anxo López Pintos

Publicada el mayo 3, 2022mayo 3, 2022

Ferrol, 3 de maio de 2022

No pasado mes de marzo coñecíamos a sentenza do TSXG na que se confirmaba a condena de prisión de seis meses e 1 día ao sindicalista Xesús Anxo López Pintos por atentado contra un axente da autoridade, durante unha protesta ante o Hotel Almirante onde o PP celebraba un acto electoral.

Ferrol en Común reitera o seu apoio ao ex secretario comarcal da CIG en Ferrol, López Pintos, que simplemente exercía o seu dereito de defensa da clase traballadora. Esta sentenza tan só pon de manifesto a represión e criminalización do sindicalismo e das mobilizacións sociais, cuxo único propósito é a defensa dos dereitos dos traballadores e traballadoras e a mellora da súa vida.

Ferrol en Común rexeita este proceso, esta sentenza e esta condena. López Pintos converteuse nunha vítima da Lei Mordaza, que aínda hoxe en día segue vixente e supón unha materia pendente para o actual goberno.

Xunto co tecido sindical da nosa comarca, o cal celebramos a súa unidade en momentos tan importantes coma este, sumámonos á campaña, á manifestación que terá lugar o vindeiro 30 de maio e a todas as accións relativas a apoiar a Xesús Anxo López Pintos, vítima da represión por defender os dereitos de toda a clase traballadora.

Así mesmo, facemos un chamamento a todas as forzas políticas da cidade e do concello para que se sumen e amosen o seu apoio ao sindicalista nesta inxusta e exaxerada condena. 

Consulta as nosas RRSS

  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram

Últimos artigos

  • Tres anos de goberno, unha decepción junio 15, 2022
  • FeC critica a supresión dos aparcadoiros sen alternativas viables junio 14, 2022
  • FeC reclama solucións para a biblioteca municipal junio 8, 2022
  • FeC mantén unha xuntanza coa Avv de Caranza junio 7, 2022
  • FeC afeálle ao goberno a forma de presentación das Bases das Subvencións de promoción económica mayo 25, 2022
  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram
  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Contacta
©2022 FERROL EN COMÚN | Funciona con SuperbThemes y WordPress