Ferrol, 30 de setembro de 2022

O pasado venres 23 celebrábamos que o goberno municipal asumira o martes de entroido coma festivo local, unha proposta que dende FeC sempre defendemos e que foi a que se levou ao Pleno de onte, saíndo aprobada por unanimidade. Sen embargo, nos tememos que dita aprobación non serve para nada e que Ferrol vai perder un festivo pola incompetencia do goberno municipal.

O pasado martes 27 de setembro o BOP publicaba o «Calendario laboral da provincia da Coruña para o ano 2023», constando nel o sábado 7 de xaneiro, San Xiao, e o luns 10 de abril, Chamorro, coma festivos. Isto é debido a que o prazo para comunicar a elección dos festivos locais rematou a finais de agosto, mentres o goberno municipal levaba a súa proposta á Comisión Informativa de Cultura, Educación, Deportes e Festas o 23 de setembro, e ao Pleno da corporación, onte, 29 de setembro, case un mes despois fora de prazo, amosando unha total incompetencia e facéndolle perder a cidadanía un día de descanso.

Esta tramitación non é unha cuestión novedosa, é algo que se fai ano tras ano e non entendemos coma a deixadez deste goberno municipal pode chegar tan lonxe, pois é a primeira vez na historia que Ferrol queda sen un festivo pola non realización do trámite correspondente.

Dende FeC pedímoslle ao goberno local que busque unha solución de xeito urxente, porque a cidadanía non ten que pagar a súa incompetencia.