Ferrol, 26 de xullo de 2023

Onte coñecimos a nova de que Jose Manuel Rey Varela, o recén elixido Alcalde de Ferrol, compatibilizará o seu cargo na cidade co de Senador en Madrid.

Dende Ferrol en Común consideramos que o sistema parlamentario actual merece unha fonda revisión, pois a cámara baixa a día de hoxe ten un papel máis simbólico que real no sistema lexislativo do estado e polo tanto, a nosa opinión sobre o nomeamento de José Manuel Rey Varela vese lastrada por dita reforma.

Non imos entrar a valorar a decisión interna doutro partido político pero sí a forma de designación autonómica sen ningún tipo de mandato democrático popular, unha cuestión que non concorda cos nosos postulados políticos e que motiva unha vez máis a fonda reforma precisa da que falamos no parágrafo anterior.

En calquera caso, desexamos que esta etapa que abre o actual Alcalde de Ferrol non descoide os intereses dos ferroláns e ferrolás e que non supoña a súa ausencia na nosa cidade por ocuparse de outros asuntos que non sean os locais, cuestión para a que foi elixido, pois a nosa cidade precisa dun compromiso político forte e a tempo completo.