Saltar al contenido
Menú
FERROL EN COMÚN
  • Inicio
  • Quen somos
    • A Organización
    • Grupo Municipal
      • Jorge Suárez Fernández
      • Suso Basterrechea López
      • Saínza Ruíz Ferreño
  • Actividade Municipal
    • Mocións
    • Acordo gobernabilidade FeC-PSOE
    • Acordo orzamentos 2021 FeC-PSOE
  • Programa Electoral
    • Un Ferrol para vivir
    • Un Ferrol para os coidados
    • Un Ferrol para ser
    • Un Ferrol que mola
    • Un Ferrol para o mañá
    • Un Ferrol para todas
  • Transparencia
    • Manifesto
    • Estatutos
    • Código Ético
    • Carta Financieira
  • Contacto
FERROL EN COMÚN

Ferrol en Común reivindica unha fronte común para o desenvolvemento da planta verde que Maersk pretende instalar en Galicia

Publicada el noviembre 11, 2022noviembre 11, 2022

Ferrol, 11 de novembro de 2022.

Na xunta de voceiros do día hoxe, Jorge Suárez, voceiro de FeC, interesouse polas xestións realizadas para ofrecer Ferrol como enclave estratéxico para o desenvolvemento dunha planta que acarraerá milleiros de postos de traballo directos e indirectos. Máis alá de siglas ou partidos interesou unha fronte común entre Corporación Municipal, Autoridade Portuaria, organizacións sindicais e empresariais, co fin de ofrecer unha alternativa sólida como ubicación para Maersk, que conte co apoio social e institucional suficiente co fin de amosar unidade e solvencia como sede.

Ferrol en Común considera unha oportunidade única para revitalizar o tecido socioeconómico da comarca a construción desa instalación, que ben puidera ser punto de inflexión para volver considerar a nosa cidade como o principal polo industrial do norte do país, xerador de emprego de calidade, punta de lanza e tractor económico doutros sectores a día de hoxe precarizados, polo que pide altura de miras e facer desta bandeira unha cuestión de cidade, pulando por unha unidade que cando menos xenere unha alternativa e faga á industria vernos como opción seria, posible e solvente.

Consulta as nosas RRSS

  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram

Últimos artigos

  • FeC pedirá no Pleno impulsar unha fronte común para atraer á cidade a planta de metanol verde anunciada por Maersk enero 25, 2023
  • FeC leva a Pleno o estado do CEIP San Xoán de Filgueira enero 25, 2023
  • FeC insta ao goberno local a darlle impulso ao Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) enero 18, 2023
  • FeC rexistra unha queixa polo uso das rrss oficiais do Concello de Ferrol enero 18, 2023
  • FeC quere facer constar o seu total apoio á Biblioteca Municipal enero 17, 2023
  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram
  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Contacta
©2023 FERROL EN COMÚN | Funciona con SuperbThemes y WordPress