Ferrol, 3 de febreiro de 2023

Está mañá tivo lugar unha Comisión Informativa de Cultura onde se nos fixo chegar o Plan Estratéxico da Cultura de Ferrol para os anos 2023 a 2028. O concelleiro Suso Basterrechea explicaba que “Ferrol en Común mantén unha actitude positiva ante a recepción de dito Plan e valoramos o documento coma unha estratexia cultural importante de cara ao futuro da cidade, sen embargo, consideramos que non pode estar condicionado a uns prazos políticos con vistas ás vindeiras eleccións municipais”.

“Un plan tan relevante para a xestión cultural da nosa cidade debe contar con tempo para a súa aprobación, cun consenso total e co maior apoio posible”, por varias razóns que enumeraba o concelleiro “porque impón unha vixencia de 6 anos e implicaría a varios gobernos, porque precisa dunha elaboración lenta que obteña o maior acordo posible para non quedar en papel mollado e porque cremos que este goberno non está lexitimado para defender un Plan que leva incumprindo sistemáticamente durante todo o mandato, dende organización de eventos a participación”, afirmaba Basterrechea recordando que “moitos dos problemas que nos atopamos nos encontros cos axentes culturais son a desconfianza que xera este goberno e a falta de diálogo, ademais de ver coma non se conseguen repartir as subvencións de concorrencia porque dende que goberna Angel Mato a forza cultural da cidade e o asociacionismo cultura é moito menor”.

En vista deste escenario e lonxe da presión propia do momento político que vivimos, dende Ferrol en Común, propoñemos un traballo colaborativo entre todos os axentes culturais para estudar e valorar este Plan Estratéxico coma merece, “xa que moitas das accións que nel se contemplan son cuestións que foron maltratadas polo goberno local durante estes 4 anos, coma os talleres de gravado ou o Premio Máximo Ramos, reivindicado por nós en varias ocasións, ou temas que xa indicamos nas propias comisións coma os locais de ensaio ou programas que están en marcha e non aparecen correctamente consignados” argumentaba o edil.

Ferrol en Común xa organizou fai pouco unha asemblea participada co sector cultural para tratar de ter unha posición conxunta e maioritaria ante a xestión do goberno local e de novo, “plantexámonos convocar outra asemblea, co Plan Estratéxico na man, e recoller o sentir xeral”, dicía o concelleiro, “ademais, remitirémoslle o Plan ás asociacións e entendidas culturais co fin de que estuden e valoren o documento”.

No mesmo senso, tal e coma sinalamos na Comisión de hoxe, gustaríanos que o Plan Estratéxico se complementara, pois contempla gastos noutras áreas coma persoal ou urbanismo, pero non se especifica coma se debería afrontar nestas areas.

En definitiva, “dende Ferrol en Común adoptamos unha postura de predisposición e calma para aprobar un documento que non vai tocar xestionar a este goberno se non aos das 2 próximas lexislaturas e avogamos por ter unha postura conxunta e participada co tecido cultural da cidade”, finalizaba Suso Basterrechea.